O Foro Económico resalta o potencial do galego na extensión das novas tecnoloxías

O Foro Económico presentou esta terza feira o resultado das súas investigacións sobre intelixencia artificial e tecnoloxías lingüísticas, nun acto en Santiago de Compostela no que salientou que o feito de contar cunha lingua propia abre a porta á creación de solucións específicas adaptadas ás necesidades lingüísticas locais, permitindo unha mellor precisión do procesamento da linguaxe natural. Ademais, o desenvolvemento de aplicacións específicas favorece a adopción de tecnoloxías e fomenta a diversidade e inclusión na era dixital, salienta o traballo do Foro Económico. De aí que o galego, resalta, sexa unha activo estratéxico que está servindo para potenciar o desenvolvemento e a innovación no ámbito das tecnoloxías da linguaxe.
Presentación da traballo do Foro Económico, esta terza feira en Compostela (Foto: Foro Económico).
photo_camera Presentación da traballo do Foro Económico, esta terza feira en Compostela (Foto: Foro Económico).
Comentarios