A Coruña acolleu unha acción de arte, música e poesía contra o xenocidio do pobo Palestino

Durante o acto organizouse un sorteo para adquirir unha keffiyah intervida por máis de de 30 artistas e poetas
pALESTINAAAA
photo_camera Artistas e poetas participantes no acto da Coruña. (Foto: Emma Pedreira)

 Portas Ártabras, o espazo que mantén a Asociación Amigos dos Muses de Galicia na Coruña acolleu esta cuarta feira Coser a ferida, unha acción poética e artística e artística en solidariedade con Palestina e contra o xenocdio do seu pobo, que reuniu grandes nomes da creación galega.

Participaron, entre outros, Nila Álvarez Pousa, Inma Doval, Andrea F. Maneiro, Chisco Fernández Naval, Ana Fraile, Lira, Emma Pedreira, Laura Rey Pasandín e Pura Tejelo, que ademais contou coa música de Xiao Berlai e cunha participación por sorpresa da escritora e xornalista Eva Veiga. 

Durante o acto organizouse un sorteo para adquirir unha keffiyah intervida por máis de de 30 artistas e poetas. Os cartos recadados dedicaranse a axudar o pobo palestino a través da Unrwa, a Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina.

 A acción foi ideada por Emma Pedreira e Inma Doval e realizada polas "cosedoras de sombras" (Inma Doval, Maribel Longueira, Emma Pedreira, Ánxeles Lombardía e Silvia Penas) coa axuda das artistas plásticas e escritoras que contribuíron a intervir a keffiyah intervida.

Comentarios