Gadis reúne máis de 2.000 microrrelatos na V edición do seu concurso

O V Concurso de Microrrelatos Gadis xa ten gañadores.
GADIS MICRORRELATOS 1
photo_camera (Foto: Gadis)

O V Concurso de Microrrelatos Gadis xa ten gañadores. Tres relatos sobre os inicios, a temática deste ano, elixidos entre 2.016 textos breves. Unha cifra alta de participación que confirma o tirón do certame convocado pola cadea galega de supermercados en GaliZa, en Castela e León e no resto do Estado. O propósito é impulsar a cultura, dar voz ao talento literario de persoas anónimas e incentivar a escritura entre públicos de todas as idades. Os participantes teñen entre 15 e 77 anos.

Metamorfose é o título da historia na que recaeu o 1º Premio. A súa autora é Natalia Portas, de Pontevedra. Escrito en galego, a natureza cobra protagonismo no relato, que brevemente conta o proceso de conversión dunha oruga en bolboreta, a voz da narración. “A min mesma: Seino, abofé que o sei, aínda que dubido de cando en vez pola miña natureza pouco xeitosa. Máis cedo que tarde o proceso de transformación acadará o seu fin para dar cabida a un rexurdir. O comezo de unha nova etapa chegou. Benvida fermosa bolboreta á vida curta das ás e liberdade. Con morriña. A Eiruga”.

O 2º Premio é para Jesús Suárez, da Coruña, con Marte, un relato fantástico que culmina cun xiro inesperado. .

E o 3º Premio é para Antonio Sánchez, de Salamanca, que convenceu con El latido cósmico. Frases curtas para describir de forma poética a creación do universo. “

Os agasallos son un patinete eléctrico Xiaomi con casco, unha cámara instantánea Polaroid e un eBook.

12.000 libros

Tanto os tres premiados como os 95 finalistas reuniranse nunha edición especial impresa, que tamén se poderá descargar en pdf da web. Un libro do que se regalarán 12.000 exemplares nos Supermercados Gadis a finais de outubro, co fin de animar a ler aos clientes. E para dar a oportunidade a todos os participantes de facer públicas as súas creacións, os relatos xa están subidos a www.gadismicrorrelatos.com.

Comentarios