As irmás Olaia e Sabela Maneiro e máis Aida Tarrío competirán este sábado na final do Festival de Benidorm —a partir das 22 horas— por obter a única praza que dá acceso a Eurovisión, que este ano se celebra en Torino (Italia) o 14 de maio.
As Tanxugueiras quedaron na segunda posición nunha semifinal que non estivo exenta de polémica desde o primeiro minuto. A actuación do trío de pandeireteiras foi introducida pola presentadora Inés Hernand cunhas controvertidas palabras: "Bélxica enviou unha canción nun idioma inventado non unha, senón dúas veces, en 2003 e 2008".
A presentación das Tanxu no #benidormfest ...
— Seve de Xantoque 🛰🏳️🌈🏳️⚧️ (@seve_file) January 26, 2022
"Bélgica ha enviado una canción en IDIOMA INVENTADO no una, sinó dos veces [...]"@eurovision_tve @rtve, non hai mellores guionistas? Ou a presentadora ía por libre? pic.twitter.com/Q6thpkorFf
Porén, a co-presentadora da gala, a veterana cantante Alaska, matizou: "As nosas seguintes candidatas non inventaron nada, ao contrario, o que fixeron foi incorporar á letra da súa canción, 'Terra', as linguas cooficiais que temos no Estado".
No interludio do certame, o artista portugués Salvador Sobral, gañador de Eurovisión en 2017, interpretou o seu tema 'Fui ver meu amor' e, antes de abandonar o escenario, proclamou: "Eu vou coas galegas. Vivan as galegas!".
💙✨O momento da noite. Salvador Sobral (🇵🇹) gañador de #Eurovision ‘17
— #EnGalego 📲🎙🎧 (@somosculturagal) January 26, 2022
“Vou cas galegas. Viva as galegas”#TanxugueirasAEurovision #Tanxugueiras #BenidormFest pic.twitter.com/b8YxwdDsif
Polémica co xurado
As galegas obtiveron unha das catro prazas que daban paso á final do Festival de Benidorm coa segunda maior puntuación (93 puntos), só por detrás de Chanel (110).
Mais, malia obteren a puntuación máis alta no 'televoto' —a través de chamadas telefónicas e SMS, 25% do total— e a segunda maior no voto demoscópico —con base nunha enquisa realizada previamente, 25%—, o xurado profesional, composto por Natalia Calderón, Miryam Benedited, Estefanía García, Marvin Dietmann e Félix Bergsson, relegounas á quinta posición, polo que terían ficado fóra da competición de ser o único voto a valorar —valía 50%—.
A súa decisión desatou unha sonora apupada por parte do público alá presente acompañada dunha ovación ao trío galego, algo que o co-presentador do evento Màxim Huerta tentou acalar con estas palabras: "Se nos gusta a música o que temos que facer é apoiar o noso grupo, ir aos seus concertos e comprar os seus discos. Imos continuar, pois isto só é a proposta do xurado".
Mais estas palabras non sentaron ben no escenario, nin tampouco nas redes sociais, que 'arderon' após coñecer o veredito do xurado profesional.
jurado, todo bien? Digoooooo
— ANA PELETEIRO BRIÓN (@apeleteirob) January 26, 2022
Son el tipo de jurado que jamás hubiera votado a Sobral.
— iván ferreiro (@ivanferreiro) January 26, 2022
🤷🏾♂️
De coña
— Roi Méndez (@RoiMendez) January 26, 2022
Onde se envía a folla de reclamacións para o #BenidormFest ? #TanxugueirasAEurovision
— Ledicia Costas (@LediciaCostas) January 27, 2022
No hi ha fronteres💙
— Miki Núñez (@mikinunez) January 26, 2022
Eu téñoo claro, clarísimo. Coas @tanxugueiras, a lingua e a música galega, sen límites! 💙🛰️
— Ana Pontón (@anaponton) January 26, 2022
Xefas @tanxugueiras #BenidormFest
— Gabriel Rufián (@gabrielrufian) January 26, 2022
Tanxugueiras: "O Estado está preparado para levar unha canción nunha lingua cooficial"
Pola súa parte, após actuaren no certame, as Tanxugueiras quixeron enviar unha mensaxe de agradecemento a quen as están a apoiar nesta andaina: "O premio sodes vós, sodes uns cracks auténticos. A xente de a pé é a que escoita música, a que vai aos concertos. Queremos vervos a todas, estamos aquí grazas a vós".
Nunha rolda de prensa na que non puideron evitar as bágoas, dixeron: "O Estado español está preparado para un proxecto inclusivo, diverso e que loite polas linguas cooficiais".
Las lágrimas de alegría de Tanxugueiras: "Estamos muy agradecidas, muy emocionadas y... no hi ha fronteres" #BenidormFest https://t.co/u9dMl8Ynlh pic.twitter.com/APyRQGu3J6
— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) January 27, 2022
Gracias
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) January 27, 2022
Gracies
Eskerri asko
Grazas
¡Y de todo!
❤️❤️❤️#BenidormFest#ElFestivalQueQuieres pic.twitter.com/6UQoJNdR9p