"Vémonos alí, Sés, a “Desaramar”! "

“Quería facer un festival diferente”, di Sés no vídeo de promoción de “Desaramar”, un concerto colectivo que busca romper arames que cercan a liberdade e a xustiza. Mercedes Peón, Carlos Blanco, Luis Tosar, Piti Sanz, Tereixa Novo, Luís Tosar, Leo e Martín Sanjurjo subirán ao escenario  canda ela o día 7 ás 21 horas. 

Sés
photo_camera Sés

Sés convida a Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco a participar no festival que ela promove incitándoos a “romper todos os arames que nos están restando liberdade, para que a xente tome conciencia de que sí se poden mudar as cousas”. “Vémonos alí”, responde cada un e unha deles nun video que serve tamén para animar ao público a participar deste encontro musical. A música toma prestado o título do seu admirado Víctor Jara e a histórica canción que di: “¡A desalambrar, a desalambrar! /que la tierra es nuestra,/ tuya y de aquel,/ de Pedro, María, de Juan y José”. 

Promovido por María Xosé Silvar (Sés), o festival terá lugar a sexta feira 7 de marzo ás 21:00 horas no Centro Ágora da Coruña, como unha mensaxe musical para mostrar “a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar”. Convencida de que entre tod@s e “educando na igualdade e facendo arte na igualdade” se pode erradicar a violencia e a inxustiza, Sés  decidiu xuntar “mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións” nun singular concerto colectivo que se organizar por volta do Día das Mulleres. 

O repertorio de Sés será protagonista mais sumaranse tamén temas alleos que contribúan a transmitir a mensaxe dun mundo máis xusto, cunha unión de grandes nomes nun escenario compartido por homes e mulleres de varias xeracións.

Comentarios