A guía do Mundial de Qatar: Grupo 'G'

Un novo Brasil moito máis varudo busca o 'hexa'.
Vinícius é o novo líder dunha 'Canarinha' que precisa acabar con 20 anos de seca mundialista (Foto: EP).
photo_camera Vinícius é o novo líder dunha 'Canarinha' que precisa acabar con 20 anos de seca mundialista. (Foto: EP)

A última vez que o Brasil levantou unha Copa do Mundo foi hai xa 20 anos. Desde a descomposición daquel máxico equipo no que brillaban Rivaldo, Ronaldinho, Juninho, Roberto Carlos, Kaká, Denilson ou un renacido Ronaldo tras superar as súas gravísimas lesións, a selección con máis títulos mundiais (5) acumula dúas décadas de travesía no deserto.

Esta semella a ocasión máis propicia para que a Canarinha recupere o seu perdido trono de raíña do fútbol, pois Tite -que abandonará o cargo despois da cita qatarí- conta cun novo e nutrido grupo de talentos comandados polo madridista Vinícius.

Tite incluíu nove atacantes na convocatoria da 'Canarinha'.

Como é habitual no Brasil, a calidade e variedade das súas opcións ofensivas son o seu punto forte, pois á velocidade do estremo branco únense o descaro de Rodrygo, un crepuscular pero sempre temíbel Neymar, Richarlison, Raphinha, Gabriel Jesús, Pedro... e así até sumar nove dianteiros, unha sobrecarga na parcela ofensiva que aumentará a carga de traballo Casemiro como pivote de contención e dos veteranos centrais Marquinhos e Thiago Silva.

Pero a ruta ao hexa comeza nun Grupo 'G' para nada doado, pois tanto Suíza como Serbia e o Camerún chegan a este Mundial con equipos capaces de sorprender para ben.

Suíza, verdugo da favorita na Eurocopa 2020, Francia, chega co galego Ricardo Rodríguez nas súas filas

Os helvéticos -co galego Ricardo Rodríguez na defensa- foron capaces de eliminar Francia, gran favorita da pasada Eurocopa, polo que o seu rendemento nas grandes citas está fora de dúbida; e o Camerún actual, aínda que está lonxe tanto do da máis recente época de Samuel Eto'o como mesmo da de Roger Milla nos anos 80-90, continúa contando con futbolistas de calidade como o goleador do Bayern Choupo-Moting. Serbia, liderada polo atacante da Juventus Dušan Vlahović e co nado en ourense XXX na portería, quere, polo menos, ser segunda de grupo.

Comentarios