O Dépor expresa o seu "total rexeitamento" á actitude de Rubiales

“Vai en contra dos valores de igualdade e respecto persoal”

Detalles da nova camiseta do Dépor. (Foto: RC Deportivo)
photo_camera Detalles da nova camiseta do Dépor. (Foto: RC Deportivo)

O RC Deportivo, a través dun “contundente” comunicado, fixo público o seu "total rexeitamento á actitude demostrada nos últimos días polo presidente da RFEF", Luis Rubiales, "contraria aos valores de igualdade e respecto persoal e institucional" que debe representar, transmitir e impulsar o fútbol.

"Desde o máximo respecto ás institucións que rexen o noso deporte, o RC Deportivo cre que é un deber manifestarse como club ante unha situación insostíbel, e solicitar que se tomen decisións contundentes desde os organismos competentes", apuntou.

Finalmente, a entidade coruñesa felicitou a selección española de fútbol, "que acaba de conseguir un extraordinario éxito para o fútbol español e un enorme impulso para todo o fútbol feminino e os seus equipos, entre eles, o Deportivo ABANCA".

Este comunicado do club da cidade herculina súmase ao emitido polo Celta de Vigo a primeira hora da tarde desta sexta feira, 25 de agosto, e ás numerosas críticas que deportistas e entidades están mostrando após o discurso do presidente da RFEF na Asemblea Extraordinaria do ente.

Comentarios