Comezan a chegar as medallas para as padexeiras e padexeiros galegos no Campionato de Europa de Piragüismo Esprinte que se está desenvolvendo en Cracovia (Polonia) no marco dos Xogos Europeos.
Esa é unha das modalidades nas que existen máis opcións de metal galegos, aínda que o atletismo ou o volei tamén poderían deparar algúns metais.
Alí, Antía Jácome, acompañada pola madrileña María Corbera, conquistou a medalla de prata na categoría do C-2 200.
O dúo rematou en segunda posición cun tempo de 1.58.506, entrando a tan só tres décimas da parella gañadora, a ucraína
"Foi unha carreira complicada, co vento en contra e sen unha posta a punto boa, pero xa pensamos en ir a por todas no Mundial", explicou a pontevedresa.
Opcións tamén para Pablo Graña
Ademais, logrou un premio extra tras clasificarse para a final do C-2 200 mixtos xunto co cangués Pablo Graña.
Este, nun día moi intenso tamén foi quen de coarse na fase decisiva do C-1 200 masculino.