Gadis reúne máis de 150.000 quilogramos de alimentos na súa campaña Maio Solidario

Once bancos de alimentos xestionarán a axuda, que también inclúe unha aportación económica de 49.873 euros realizada pola clientela.
Fernández, Mora, Santos, Pagliaro e Aneiros (Foto: Nós Diario).
photo_camera Fernández, Mora, Santos, Pagliaro e Aneiros (Foto: Nós Diario).

Gadis reuniu máis de 150 mil quilos de produtos alimentarios básicos na súa 12ª campaña Maio Solidario grazas á solidariedade da súa clientela. Unha edición na que a compañía aumentou a súa contribución até os 30.000 quilos para facer fronte aos desafíos actuais dos bancos de alimentos

Aliviar a situación de vulnerabilidade que atravesan miles de familias da Galiza e Castela e León é a fin desta axuda, á que hai que sumar os 49.873 euros doados polos clientes desde o 2 de maio até 1 de xuño, datas nas que estivo en marcha a acción en 201 puntos de venda de ambos os dous territorios.


O Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora serán os encargados de xestionar agora a repartición dos alimentos e a recadación económica a través das asociacións e ONG coas que colaboran de maneira habitual. Esta constitúe unha axuda que chegará a máis de 100.000 persoas que o necesitan.

A directora de Mercadotecnia e RSC de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luís Fernández Astray e a coordinadora de RSC, Lucía Santos, realizaron unha entrega simbólica ao presidente do Balrial, Manuel Moura, que acudiu á sede central da compañía en representación do once entidades beneficiadas.

En nome de todas elas, agradeceu a Gadis que continúe levando a cabo 'Maio Solidario' porque lles permite seguir apoiando a numerosos colectivos de desfavorecidos. Tamén estivo presente Pilar Aneiros, responsable de voluntariado de Balrial.

Pola súa pate, Gadis puxo en valor a solidariedade que sempre mostra a súa clientela en especial con 'Maio Solidario', a presenza de voluntariose voluntarios  nos puntos de venda para atraer máis doazóns, así como a implicación de todo o equipo humano.

Comentarios