Mobilización masiva en Moaña contra a "fraude das preferentes"

@s organizador@s cifran en 5.000 @s participantes na manifestación que decorreu nesta vila do sur da Galiza

No Estado español, desde hai case sete anos, o actual partido gobernante (PP) ten recorrida ante o Tribunal Constitucional a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo
Tamén son indignad@s, mais non teñen a mesma cobertura mediática nin interese institucional. Son entre 70.000 e 100.000 só na Galiza e levan meses protagonizando diferentes accións e iniciativas para denunciar o que se ten definido como "todo un roubo dos bancos", en palabras das plataformas de afectados, ou mesmo "un corralito", segundo Francisco Jorquera do BNG.

Nestes días Moaña acolleu unha manifestación, convocada pola Plataforma de Afectados do Morrazo, e na que participaron en torno a 5.000 persoas, segundo a entidade. Os e as participantes denunciaron a actitude de NGB e reclamaron a devolución dos cartos. A entidade financeira optou por pechar as súas sucursais en Moaña nesa xornada aludindo a perigos para os seus empregados, nunha actitude que foi duramente criticada non só polo@s manifestantes, senón pola veciñanza en xeral.

Esta manifestación vense engadir ás que se están celebrando a cotío en vilas e cidades da Galiza para denunciar o que acontece coas peferentes, así como a desida da Xunta neste caso e a impunidade" das entidades financeiras, nomeadamente NovaGalicia Banco.

Comentarios