A xunta da enerxética EiDF aproba o regreso do domicilio social a Galiza

As accionistas ratificaron as contas de 2023.

Fernando Romero, director xeral de EiDF, durante o toque de campá na Bolsa de Madrid (Foto: BME Growth).
photo_camera Fernando Romero, fundador de EiDF, durante o toque de campá na Bolsa de Madrid (Foto: BME Growth).

O accidonariado da empresa solar de EiDF ratificaron as contas anuais individuais e consolidades correspondentes ao exercicio do ano 2023, cun apoio de 99,999% do capital social presente ou representado na xunta xeral ordinaria de accionistas que se realizou esta cuarta feira, á vez que tamén se aprobou a proposta de aplicación dos devanditos resultados.

Ademais das contas, as accionistas que participaron na xunta ordinaria aprobaron a xestión do órgano de administración de EiDF durante o ano 2023 así como a volta do domicilio social de EiDF a Barro na comarca de Pontevedra, após un breve período no que estivo en Madrid.

Ditas contas supuxeron a redución de débeda e o saneamento do balance da compañía a través do apoio accionarial e acordos estratéxicos logrados con socios de alto nivel.

Como consecuencia, EiDF logrou pechar o ano cun fondo de manobra de case 10 millóns de euros, manter os fondos propios en positivo e un Ebitda agregado axustado de máis de 25 millóns de euros.

Esta ratificación das contas ten lugar tres semanas despois de que a compañía presentase o seu Plan de Negocio 2024-2028, baseado nos obxectivos establecidos polo Pniec 2023-2023, e que confirmaba a solidez do seu negocio. No mesmo, a compañía sentou as bases para reactivar o seu crecemento durante o próximos cinco anos.

En concreto, no que se refire a perspectivas financeiras, o plan prevé un crecemento constante en ingresos, marxes e Ebitda até 2028. Deste modo, os ingresos do Grupo EiDF situaríanse en 133,4 millóns de euros en 2024 ata alcanzar os 803,9 millóns de euros en 2028.

Expedientes

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) acordou incoar tres expedientes de sanción pola posíbel realización de prácticas constitutivas de manipulación de mercado das accións da solar galega EiDF. As mesmas terían acontecido en distintos períodos de 2022 por parte de diferentes persoas físicas e xurídicas.

Comentarios