O lume obrigou a desaloxar varios núcleos de poboación e provocou que sete persoas precisasen atención sanitaria por inhalación de fume. O alcalde do Barco, facendo unha valoración dos danos para a axencia EFE, sinala que foi afectado boa parte do punto limpo: ardeu a planta de compostaxe, maquinaria e varios colectores. Na aldea de Millarouso quedaron calcinadas dúas casas e queimouse boa parte do tendido eléctrico, o que provocou unha caída da liña.
As altas temperaturas de onte na provincia de Ourense e o vento axudaron a propagar un incendio que xa acadou cinco casas e obrigou a desaloxar en Raxoá e Millarouso. Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 8 axentes forestais, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME), segundo datos da Xunta.
NOTA: Podes ler máis sobre as causas dos incendios forestais no número 10 de Sermos Galiza, nos quiosques desde esta sexta.