A Arxentina responde á orde de detención venezolana contra Milei e pide arrestar Maduro

A entrega dun avión venezolano aos EUA, detrás da disputa.
O presidente da República Arxentina, Javier Milei. (Foto: Santiago Oroz / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente da República Arxentina, Javier Milei. (Foto: Santiago Oroz / Europa Press / Contacto)

A Xustiza arxentina emitiu na madrugada da terza feira unha orde de arresto por supostos delitos de lesa humanidade contra o presidente de Venezuela, o progresista Nicolás Maduro, así como contra unha trintena de funcionarios de Caracas, incluído o ministro de Relacións Interiores, Xustiza e Paz, Diosdado Cabello, argüíndo que desde 2014 existe un “plan sistemático de represión, desaparición forzada de persoas, tortura, homicidios e persecución”.

Horas antes, o Tribunal Supremo de Venezuela ratificou unha orde de detención contra o mandatario arxentino, o ultradereitista Javier Milei, a secretaria xeral da Presidencia, Karina Milei, e a ministra de Seguridade, Patricia Bullrich, por presunto “roubo agravado”,“interferencia ilícita na seguridade operacional da aviación civil e inutilización de aeronaves e asociación para delinquir”. Tamén hai unha investigación aberta en Venezuela por crimes de lesa humanidade contra Milei.

En febreiro deste ano, Bos Aires entregou a Washington un avión da empresa estatal Conviasa alegando que a súa compra violara as sancións contra Irán.

Comentarios