O avión no que viaxaba o xefe do grupo Wagner estrélase en Rusia

Desde a Axencia Federal de Transporte Aéreo rusa informaron de que unha persoa co nome de Yevgueni Prigozhin atopábase entre os pasaxeiros do avión

Yevgueni Prigozhin, xefe do grupo Wagner.
photo_camera Yevgueni Prigozhin, xefe do grupo Wagner.

A Axencia Federal de Transporte Aéreo de Rusia informou esta cuarta feira, 23 de agosto, que un pasaxeiro co nome de Yevgueni Prigozhin (o mesmo que ten o xefe do grupo Wagner) atopábase abordo dun avión privado que se estrelou na mesma xornada na provincia rusa de Tver.

Previamente reportouse que se trata dun jet privado Embraer Legacy 6000 que pertencía a Prigozhin.

Non obstante, de momento non hai datos oficiais sobre se o líder da empresa militar privada estaba entre os pasaxeiros.

Ademais, difundiuse que a bordo ía tamén Dmitri Utkin, un dos fundadores e comandantes do grupo Wagner.

O Ministerio de Emerxencias ruso informou de que 10 persoas atopábanse abordo da aeronave, entre elas 3 integrantes da tripulación. Segundo información preliminar, todas as persoas que ían no avión faleceron.

Comentarios