Israel mata 70 palestinos na madrugada de hoxe e detén o presidente do Parlamento de Palestina, Aziz Dueik

As forzas de seguridade de Israel detiveron esta terza feira máis de 50 persoas, entre elas o presidente do Parlamento palestino Aziz Dueik, en operacións en Cisxordania, segundo recolleron medios palestinos, no medio do reforzo das operacións tras os ataques lanzados o 7 de outubro polo Movemento de Resistencia Islámica (Hamás).
Unha crianza palestina olla os edificios derrubados polos bombardepos israelitas en Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib / dpa).
photo_camera Unha crianza palestina olla os edificios derrubados polos bombardepos israelitas en Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib / dpa).

Os bombardeos da aviación israelí mataron 71 palestinas e palestinos durante unha nova noite de bombardeos contra a Faixa de Gaza. As Forzas de Defensa de Israel (FDI) argumentan que atacaron máis de 200 "estruturas militares" ao longo de todo o territorio.

Ademais, as FDI anunciaron a morte do xefe do Consello Shura de Hamás, Osama al Muzaini, durante un dos ataques, publicaron na súa conta da rede social X, antes Twitter.

Decenas de civís morreron durante os bombardeos contra un edificio residencial en Rafá, no sur do territorio, segundo informou a axencia de noticias palestina Wafa.

As cidades de Yan Junis, Gaza, Deir e al Balá tamén foron obxecto de ataques do Exército israelí, deixando decenas de mortos e de feridos.

Por outra parte, as FDI tamén atacaron posicións do libanés Hezbolá na fronteira entre Israel e Líbano. Neste sentido, aseguraron frustrar "un intento de infiltración dun escuadrón" perto da zona fronteiriza.

As autoridades palestinas cifranron en máis de 2.750 as mortes e en 9.700 as persoas feridas na Faixa de Gaza, mentres que o lado israelí confirmou uns 1.400 falecidos. En Cisxordania, os enfrontamentos coas FDI deixaron preto de 60 palestinos mortos.

Aziz Dueik

As forzas de seguridade de Israel detiveron esta terza feira máis de 50 persoas, entre eles o presidente do Parlamento palestino Aziz Dueik, en operacións en Cisxordania, segundo recolleron medios palestinos, no medio do reforzo das operacións tras os ataques lanzados o 7 de outubro polo Movemento de Resistencia Islámica (Hamás).

Comentarios