Multa a Vueling por negar o embarque a unha muller por levar escote

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea aplicou a sanción de 28.000 euros á compañía por vulnerar a lexislación do sector.

Avión-de-la-compañía-Vueling.
photo_camera Avión da compañía Vueling (Foto: Vueling)

Facua-Consumidores en Acción interpuxo unha denuncia a Vueling por non permitir que unha muller subise ao avión alegando que levaba un body escotado e esta quinta feira a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) impuxo á aerolínea unha sanción de 28.000 euros por e motivo

A muller dispoñíase a subir a un avión de Vueling no aeroporto de Mallorca con destino a Barcelona en 2019 cando unha tripulante de handling da compañía indicoulle que non podía entrar pola súa forma de vestir. A pesar de que varios pasaxeiros pediron á axente a que a deixase acceder ao avión, a compañía deixou en terra á afectada.

O expediente sancionador resolveuse en outubro de 2020 mais até o de agora Facua non fora informada da resolución, despois de reclamala ao Portal de Transparencia da Administración Xeral do Estado.

Desde a organización de consumidores cualifican o ocorrido como "machismo" e falan da "aberrante actitude do persoal da aerolínea".

 Desde o primeiro momento entendeu que se vulneraron os dereitos desta usuaria discriminándoa pola súa forma de vestir e deixándoa nunha completa indefensión diante da pasaxe.

FACUA lanzou tamén hai uns días unha plataforma de afectados pola cobranza abusiva da equipaxe de man en aerolíneas 'baixo custo', despois da multa de 150 millóns imposta polo Ministerio de Consumo a catro aerolíneas, entre as que se atopa Vueling.

Comentarios