Unha proba piloto en Portugal demanda xeneralizar a semana laboral reducida nunha década

A maioría das empresas manteñen o modelo tras a fin do experimento.
As traballadoras exixen máis salario para volver aos cinco días. (Foto: sintonizado)
photo_camera As traballadoras exixen máis salario para volver aos cinco días. (Foto: sintonizado)

As mulleres e as persoas traballadoras con salarios e cualificacións laborais máis baixas son as principais beneficiadas nunha semana laboral de catro días, un modelo que pode funcionar en todos os sectores, conclúe o proxecto piloto que se desenvolveu entre xuño e novembro de 2023 en Portugal, cuxo informe final foi divulgado a segunda feira.

As investigadoras Rita Fontinha, da Henley Business School, e Pedro Gomes, da Birkbeck - Universidade de Londres, destacaron que “proporciona beneficios operacionais ás empresas, como mellor ambiente de traballo, redución do absentismo e aumento da atracción no mercado de traballo”.

Por este motivo defenden a súa implementación ao longo dunha década, para a que é precisa unha “reorganización profunda” con incentivos fiscais a empresas que a apliquen ou reformas lexislativas, nun proceso que tería que comezar por unha proba piloto no sector público e nas grandes compañías.

Ao tempo, o informe salienta que a maior parte das 41 sociedades que participaron na proba piloto mantiveron este modelo tras a fin do experimento.

Comentarios