Rajoy menospreza o referendo e defende as cargas policiais

 “Había que facer o que había que facer”, asegurou o presidente español, que acusou o independentismo de “adoutrinar crianzas”.

Rajoy

Non houbo referendo algún en Catalunya e os feitos deste 1-O – con 720 persoas feridas nas cargas e accións policiais- son para Mariano Rajoy exclusiva responsabilidade dos independentistas, “que promoveron a violación da legalidade e a convivencia”. O presidente español non se moveu nin unha miguiña do discurso duro que o seu goberno mantén a respecto da cuestión catalá.

Rajoy proclamou que o “estado de dereito” español goza de boa saúde e que “reacciona contra os que o queren subverter”. Unha reacción, chegou a dicir, con “eficacia e serenidade”, o que choca coas imaxes de cargas policiais que se puideron ver ao longo deste domingo.

O referendo foi unha simple “escinificación”, protagonizada por aqueles que “superan todos os límites” e que “adoutrinan nenos e sinalan xuíces e xornalistas”. 

Rajoy anunciou que comparecerá no Congreso dos Deputados para dar explicacións, agradeceu o apoio dos partidos constitucionalistas.

Comentarios