Dúas activistas da organización medioambientalista Just Stop Oil lanzaron sopa de tomate sobre o cadro ‘Os Xirasois’, do pintor Vicent Van Gogh, que se atopa na National Gallery de Londres.
Activists with @JustStop_Oil have thrown tomato soup on Van Gogh’s Sunflowers at the national Gallery and glued themselves to the wall. pic.twitter.com/M8YP1LPTOU
— Damien Gayle (@damiengayle) October 14, 2022
Tal e como pode verse en numerosos vídeos en redes sociais, as dúas rapazas, que vestían senllas camisetas contra a extracción de petróleo, achegáronse á obra de arte cunha lata de sopa de tomate na man, que abriron e posteriormente verteron enriba da pintura.
🌻🥫 BREAKING: SOUP THROWN ON VAN GOGH’S ‘SUNFLOWERS’ 🥫🌻
— Just Stop Oil ⚖️💀🛢 (@JustStop_Oil) October 14, 2022
🖼 Is art worth more than life? More than food? More than justice?
🛢 The cost of living crisis and climate crisis is driven by oil and gas.#FreeLouis #FreeJosh #CivilResistance #A22Network #JustStopOil #NoNewOil pic.twitter.com/18T2zSP2ws
No vídeo tamén se ve como unha das activistas pregunta “que ten máis valor? A arte ou a vida? Vale máis que os alimentos ou a xustiza”. “Que che preocupa máis, a protección dun cadro ou a do noso planeta e as persoas? A crise polo encarecemento da vida é parte da crise enerxética. A gasolina é inaccesíbel para millóns de familias que pasan fame e frío e que non poden permitirse nin quentar unha lata de sopa”.
A policía da capital do Reino Unido confirmou a detención das dúas mozas, que xa pasaron a dependencias policiais.
Danos menores
Pola súa parte, a National Portrait Gallery emitiu un comunicado no que explicou que o marco do cadro sufriu danos menores, aínda que a pintura está intacta, xa que contaba cun cristal protector.
Neste sentido, a maioría das obras de grandes museos contan con pantallas de protección para evitar o deterioro provocada por elementos naturais ou, como neste caso, accións humanas.
Non é a primeira vez que esta asociación medioambientalista leva a cabo accións semellantes noutros museos do país. Precisamente en xuño deste ano, dous activistas pegaron as súas mans ao marco doutro cadro de Van Gogh na Galería Courtauld de Londres.