A prensa conservadora e o caso Bárcenas, espello da guerra interna do PP

O caso Bárcenas está a dividir a prensa conservadora española. Mentres medios como ABC ou La Razón manteñen unha liña de apoio a Mariano Rajoy, outros, como La Gaceta, El Mundo ou Libertad Digital ven, aínda que en distinta medida, finiquitado ao presidente
la razon
photo_camera la razon

O caso Bárcenas e as súas consecuencias sobre o goberno español e a actual dirección do PP volveu poñer de relevo que os populares non son, desde logo, unha familia modelo. Volveu evidenciarse o que xa se sabía: que un sector con peso aínda na base social e electoral conservadora non ve en Rajoy o líder que eles queren para o PP e España. E esa realidade tamén abrolla nos medios conservadores españois, máis aínda a raíz do escándalo dos pagamentos en b.

Mentres medios como ABC ou La Razón seguen a liña de Génova de botar balóns fóra e apoiar a Mariano Rajoy, outros aproveitan para pasar factura ao líder popular, unha postura en sintonía co sector de Esperanza Aguirre, Aznar ou Mayor Oreja, entre outros nomes.

Así, unha visión á revista de imprensa dos medios próximos á dereita reflexa esa división. o ABC opta por titulares como "Rajoy hablará para despejar las dudas sobre el caso Bárcenas" e La Razón por "Rajoy sostendrá la limpieza del PP en el primer informe de la auditoría". Posturas que poñen de suxeito ao presidente español en frases dirixidas a remarcar que non hai nada que temer.

"Rajoy, kapput"

Na outra banda están medios como La Gaceta, cun titular de "Rajoy comparece...al fin" ou Libertad Digital, que fala de "Conmoción total en el PP" e de que "Barones populares exigen explicaciones". Neste medio, mesmo na sección de opinión se pon en cuestión ao presidente español. "Rajoy Kapput" titula a súa Emilio Campmany, que afirma que "o templo vense abaixo e ninguén parece en condicións de salvarse".

Comentarios