18-F

Alfonso Rueda presenta en Lugo un "contrato con Galiza" de 870 medidas

O PP defende que se trata dun programa "realizábel" e sen "promesas imposíbeis".
Detalle do programa do PP nas mans de Alfonso Rueda. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Detalle do programa do PP nas mans de Alfonso Rueda. (Foto: Nós Diario).

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, presentou este sábado en Lugo o seu programa electoral, composto por 870 medidas e ao que se referiu como un "contrato con Galiza", un documento que en palabras do seu coordinador, Valentín García, se divide en cinco eixos que "se axustan" ás necesidades da Galiza.

Ante un auditorio dunhas mil persoas, Rueda defendeu o seu programa, "realizábel", no que "non hai nada" que "non se poida pagar" cos orzamentos autonómicos, sen "promesas imposíbeis".

Vivenda

Entre outras, remarcou o seu compromiso de duplicar o parque público de vivendas para que en 2028, cando finalicen os catro anos de lexislatura, Na Galiza haxa como mínimo 8.000 vivendas destas características.

Rueda lembr

ou que, actualmente, na comunidade hai 3.800 vivendas públicas e, ademais, incidiu en que apoiarán o sector privado, que "non é ningún demo", polo que porán as medidas para que, cando acabe a lexislatura, haxa 20.000 vivendas protexidas. "Moitas delas dedicadas ao alugueiro con prezos sociais", apostilou.

Neste apartado, o PP concreta 14 eixos vertebrais, entre os que se atopa unha convocatoria de axudas a particulares para a construción de vivendas unifamiliares novas, o impulso de axudas ao alugueiro ou a creación dunha oficina de asesoramento á antiocupación xa que, segundo recolle o PPdeG, "unha das principais de preocupacións dos galegos" que teñen unha propiedade é a "ocupación ilegal" de vivendas.

Altri e Alcoa

Na súa intervención, Alfonso Rueda tamén fixo referencia a Altri e insistiu en que a fábrica de Alcoa ten que quedar na Mariña.

Foi entón cando aludiu á visita do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, este mesmo sábado a Lugo para arroupar o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

"O presidente do Goberno vén a Lugo a tres semanas das eleccións e non ten ningún compromiso. Rueda tirou de retranca para comentar que esperaba algún anuncio por parte de Sánchez este sábado, como a fábrica que quere construír Altri en Lugo pero, "non houbo nin gol no estadio Anxo Carro", instalacións deportivas que se atopan nas proximidades do Pazo de Feiras e Congresos onde os populares celebraron o seu acto.

Neste sentido,  Rueda, reivindicou o seu programa "para unha Galiza que prospera" e afirmou que para iso as enerxías verdes "son tan fundamentais", polo que quere que "unha industria como Altri se instale na Galiza".

Comentarios