A campaña electoral deu o disparo de saída na madrugada desta pasada sexta feira e, con ela, as formacións políticas lanzáronse xa a pedir o voto da cidadanía galega de cara ao vindeiro 18 de febreiro. No mesmo día en que comezou oficialmente a campaña a deputada do PP no Congreso Ana Vázquez Blanco apresurouse a empezar a visitar os seus veciños e veciñas de Bande (Baixa Limia), de onde é orixinaria, para pedirlles o voto.
"Primeiro día de 'porta a porta' en Bande. A partir de aquí tamén axudaremos á primeira maioría de Alfonso Rueda. Temos moito en xogo, Galicia non quere os acordos pluripartidistas do Goberno de España; queremos estabilidade, unidade e futuro", dixo, nunha publicación nas súas redes sociais que acompañou de tres fotografías do día.
Primer día de Puerta a Puerta en Bande.
— Ana Vázquez Blanco (@anadebande) February 2, 2024
Desde aquí vamos también ayudar a la primera mayoría de @AlfonsoRuedaGal .
Nos jugamos mucho, Galicia no quiere las liortas multipartitas del Gobierno de España, queremos estabilidad, unidad y futuro. #GaliciaFunciona pic.twitter.com/0kPtmG83qF
E unha delas chamou especialmente a atención das usuarias e usuarios de X (antes Twitter), pois na estampa pode apreciarse a Ana de Bande —como é coñecida en redes— entregando propaganda electoral a unha veciña na súa casa canda a alcaldesa do municipio, Sandra Quintas, que porta unha chaqueta promocional do Xacobeo co logo da Xunta da Galiza e sostén na man un sobre de votación —pode lerse 'Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024'—.
A publicación de Ana Vázquez desencadeou numerosas reaccións en X, con centos de persoas preguntándose se se trata de "carretaxe" ou se "a Xunta Electoral ten algo que dicir". "O PP no rural, óleo sobre lenzo", ironizaba unha usuaria.
Carretaxe de votos e aproveitades pra pasar lista, non vaia ser que algún vote outra cousa.
— HorrorBikerFromMars (@HorrorBiker) February 3, 2024
Gústame eso de ir pedir o voto ca chaqueta da Xunta. Estades en todo!!👌🏼
— Manuel de Guerra 💙🔻✊🏼 (@nuelvg) February 2, 2024
E a Xunta Electoral non ten nada que dicir sobre esto? Xa nin disimulades
— Sosevaz 💜🌱🌈☮️ (@sosevaz) February 3, 2024
Co traxe da Xunta levándolle o sobre co voto ao pp, xa nin vos molestades en disimular
— Raquel 🍉 (@RaqeulCarbalall) February 3, 2024
Ir polas casas pedindo o voto co logo da @Xunta na zamarra, aínda que sexa unha tradición no @ppopular, non parece moi legal…
— Miguel González Somovilla (@miguelsomovilla) February 3, 2024
Por outra banda, eso de ser do @ppdegalicia e, por riba, «galeguista e de centro» ven sendo un oxímoro, digo eu…
En canto ao que «quere» ou deixa de…
Ana Belén Vazquez publica unha foto entregando un boli do PP a unha veciña maior en Bande na porta da súa casa . Pero o mellor é a compañeira cunha chaqueta da XUNTA DE GALICIA, DANDO UN SOBRE CO VOTO.
— A maruxinha do BILDUGÁ 🤍💙❤️💜🇦🇪 (@maruxinha3) February 2, 2024
PP no rural , lenzo sobre óleo. pic.twitter.com/grMqQrHo2v