18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics (8 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

A batalla polo sufraxio das persoas indecisas continúa a ser a principal fronte de loita nesta campaña electoral dos comicios galegos de 18 de febreiro. O barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics que publica hoxe Nós Diario sitúa en 20% o número de persoas que non teñen decidido aínda o seu sentido de voto. Así as cousas, o futuro do Goberno galego está en mans de perto de 456.000 electores e electoras que aínda non se decantaron por ningunha das opcións políticas en liza, unha cifra que debuxa un escenario totalmente aberto. Até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Estimación de voto segundo o barómetro de EM-Analytics para Nós Diario deste 8 de febreiro.
photo_camera Estimación de voto segundo o barómetro de EM-Analytics para Nós Diario deste 8 de febreiro.
O Partido Popular recupera neste sexto día de campaña a maioría absoluta por dúas décimas. Segundo o barómetro do Instituto Demoscópico EM-Analytics, os populares gañan dúas décimas na última…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios