Catalunya contará cun servizo de trens propio tras un acordo de ERC co PSOE

O acordo ratificado entre ERC e PSOE incluirá o traspaso económico e da infraestrutura -vías, trens e catenarias-, tal como reivindicaba a Generalitat.
Unha parada do tres de proximidade catalán en Barcelona (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
photo_camera Unha parada do tres de proximidade catalán en Barcelona (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).

ERC e PSOE fecharon esta quinta feira un acordo para o traspaso integral de Rodalies (o servizo de ferrocarrís de proximidade catalán) no marco das negociacións para investir o presidente do Goberno en funcións e candidato á reelección, Pedro Sánchez, informaron fontes coñecedoras.

Segundo adiantou Rac1, o acordo incluirá o traspaso económico e da infraestrutura -vías, trens e catenarias-, tal como reivindicaba a Generalitat.

Trátase dunha das reivindicacións que puxera ERC encima da mesa de negociación cos socialistas, e na cal tamén se atopan a lei de amnistía, sobre a que xa anunciaron un pacto esta terza feira.

Investidura de Sánchez

O presidente do Goberno español en funcións e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, asegurou este sábado que Catalunya "está lista para o reencontro total", e defendeu a aprobación dunha Lei de amnistía. "No nome de España, no interese de España e da convivencia entre españois, defendo hoxe a amnistía en Catalunya", dixo, ante o Comité Federal do PSOE, e xustificou esta ferramenta como modo de "afianzar" o reencontro entre o Estado esapañol e Catalunya.

Sánchez xustificou as novas "medidas de graza" para evitar un Goberno da dereita coa extrema dereita e recoñeceu que antes das eleccións non se propuña a amnistía para agora. "Non era o noso plan para este momento", admitiu. Porén, defendeu que "hai que facer a necesidade virtude". E a amnistía, avanzou, "non é o fin do camiño".

Máis en POLÍTICA
Comentarios