A principal crítica que a formación esquerdista fai a este anteproxecto é que non prohibe a publicidade de xogos e apostas.
“A Xunta deixa aberto este punto ao arbitrio dunha autorización, polo que esta publicidade non queda prohibida e non resolve este serio problema que acaba por normalizar o xogo”, alegou Solla.
A proposición de lei do Goberno Feixoo tampouco limita o acceso ás chamadas máquinas comecartos, en tanto que a iniciativa nesta materia formulada no Parlamento por Esquerda Unida si que se estabelecían medidas que o dificultaban —como no caso dos expendedoras de tabaco—, nomeadamente dirixidas a grupos vulnerábeis como as persoas menores de idade.
EU ve "irrisoria" a distancia de seguridade, apenas 150 metros, que o anteproxecto estabelece entre as casas de apostas e colexios ou lugares de esparcimento xuvenís. Na proposta da formación esquerdista a separación mínima era dun quilómetro.