Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, presentou esta quinta feira a candidatura da formación para as eleccións galegas de 2020, manifestando en que agarda a “chegar a un entendemento” que permita conformar unha candidatura unitaria de esquerdas para o que tendeu a man a Podemos e Anova.
"Estamos certas de que a unidade dentro da esquerda rupturista é, probabelmente, o único camiño para trasladar unha alternativa que sexa forte”, manifestou, facendo un chamamento aos partidos políticos cos que xa traballaron para “chegar a un entendemento”.
Esquerda Unida analizará “nos vindeiros días” cal “é o momento máis propicio para sentar a falar” e “manter” o principio da “capacidade de confluencia” da esquerda cara ás elevcións de 2020.
“Agora ben, a nosa organización ten que facer o seu traballo, exista ou non esa confluencia”, apuntou Solla, que garantiu que Esquerda Unida fixo “as tarefas”.
En Común abre a porta a sumar Anova
Antón Gómez Reino, secretario xeral de Podemos e deputado de En Común, abre a porta sumar a Anova a una confluencia para concorrer ás eleccións galegas de 2020. Destaca que partillan “espazo político” con Anova, polo que agardan que se sumen a este espazo, que procura ser “hexemónico na esquerda deste país”.