Feixoo escolle Marta Rivera de la Cruz, apoiante de Galicia Bilingüe e ex de Ciudadanos, como a súa número dous

Independente, e no seu día militante de Ciudadanos -partido co que chegou a ser deputada no Congreso pola Coruña en 2019-, chega a unha lista na cal tamén estarán perfís como son Borja Sémper e Jaime de los Santos, segundo engadiu a formación.
Marta Rivera de la Cruz, número 2 de Feixoo nas listaspor Madrid ao Congreso (Foto: Comunidade de Madrid).
photo_camera Marta Rivera de la Cruz, número 2 de Feixoo nas listaspor Madrid ao Congreso (Foto: Comunidade de Madrid).

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, elixiu á ex conselleira Marta Rivera da Cruz, ex de Ciudadanos e de orixe lucense, como número dous na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, segundo informou o Partido Popular.

Rivera da Cruz, escritora e ex conselleira de Cultura da Comunidade de Madrid con Isabel Díaz Ayuso, presentouse ás eleccións municipais do pasado 28 de maio na lista do PP que encabezou José Luis Martínez Almeida.

Independente, e no seu día militante de Ciudadanos -partido co que chegou a ser deputada no Congreso pola Coruña en 2019-, chega a unha lista na cal tamén estarán perfís como son Borja Sémper e Jaime de los Santos, segundo engadiu a formación.

Apoiante de Galicia Bilingüe

Rivera de la Cruz ten creado polémica no pasado a ser apoiante da asociación galegófoba Galicia Bilingüe.

Asinou a favor da derogación do Decreto 124/2007 que plantexaba Galicia Bilingüe polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

“Cremos que o coñecemento do idioma cooficial [o galego] ten que ser un mérito, pero que non pode ser un requisito”, aseguraba nunha entrevista a El Correo Gallego en 2019.

Comentarios