dEBATE DE INVESTIDURA

As reaccións ao discurso de Feixoo: "É propio de quen sabe que a investidura está condenada ao fracaso"

O BNG recrimina que non mencionase "un só compromiso coa Galiza" mentres as demais forzas soberanistas lamentan tamén os "bulos, falsidades e mentiras" do candidato popular.
Rolda de prensa de Néstor Rego após escoitar o discurso de Feixoo. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
photo_camera Rolda de prensa de Néstor Rego após escoitar o discurso de Feixoo. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)

ERC, PNV, Bildu e o BNG coinciden en ver o candidato do PP á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, en 'modo oposición' e 'moción de censura' contra o xefe do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, e acusáno de lanzar "bulos", "falsidades" e "mentiras" no seu discurso de investidura.

Na súa comparecencia ante os medios, o deputado do Bloque, Néstor Rego, asegurou que Feixoo verteu un "discurso populista, cargado de mentiras e falsidades e con moi pouca credibilidade". "Un discurso de alguén que sabe que a investidura está destinada ao fracaso", resumiu.

O parlamentario nacionalista censurou que o mandatario popular non mencionase "un só compromiso" coa Galiza despois de ser presidente da Xunta durante 13 anos. "Este é o respecto que lle merecen os problemas do noso país ao candidato popular", afirmou.

"Boa moción de censura", manifestou aos xornalistas, en ton irónico, o portavoz parlamentario de ERC, Gabriel Rufián, nos corredores da Cámara Baixa ao termo da alocución do líder dos 'populares'.

Na mesma liña expresouse o deputado de Bildu Oskar Matute, quen cuestionou que ninguén no PP trasladase a Feixoo a diferenza entre unha moción de censura e unha investidura. "É unha especie de moción de censura encuberta", resumiu. Matute criticou, ademais, que a Feixoo lle quedou "parado" o reloxo "en 1978" cun discurso que, ao seu xuízo, estivo "infestado de inexactitudes, bulos e mentiras", e co que arrincou "unha viaxe a ningunha parte".

Ao PNV sorprendeulle as "numerosos autoenmiendas" ás accións en materia económica e institucional do seu partido que fixo o presidente do PP, quen, en opinión de Aitor Esteban, non saíu a "buscar votos, pero tampouco a sementalos".

Foi, segundo as súas palabras, "unha especie de primeiro mitin dunha posible campaña electoral" na que Feixoo o único que propón nos asuntos de índole nacional é "máis leña", isto é, "máis Código penal e tribunais". "Había uns anacos —da súa intervención— que parecía que estaban relatados por Jekyll e outros por Mr. Hyde", chegou a dicir.

Comentarios