O PP pagou a Bárcenas até 2012

A Seguridade Social e un finiquito de 400.000 euros prorrateado era a cantitade fixa que o ex-tesoureiro do Partido Popular percibían de maneira mensal.

Segundo recolle o diario español El País, o PP non tería rachado a relación con Luís Bárcenas até o pasado ano. O ex-tesoureiro, confirmoulle á Fiscalía na súa comparecencia como imputado na trama Gürtel que o Partido Popular lle continuou pagando en 2011 e 2012 unha cantidade fixa ao mes en concepto de "despedimento improcedente".

Na súa declaración perante a Fiscalía Bárcenas asegura que o pagamento foi acordado coa dirección popular após a súa saída do partido un ano e medio despois de estourar o escándalo de corrupción que vencella a políticos do PP cunha trama de subornos de importantes empresas contrutoras. Aliás do cobro de até 400.000 euros prorrateados de maneira mensal e da aportación das súas cotizacións á Seguridade Social, Bárcenas afirma posuír até o pasado ano unha sala na sede do Partido Popular situada na rúa Génova (Madrid) da que facía uso demaneira habitual amais dunha "secretaria do partido" ao seu servizo.

Segundo a declaración de Bárcenas recollida polo diario español, o status do ex-tesoureiro até hai pouco máis dun mes coa dirección do PP non se podería ter mantido sen o visto e prace do seu presidente, Mariano Rajoy. Cuestión, que sitúa ao líder d@s populares cada vez máis perto do escándalo de corrupción xestionado por Bárcenas.

Comentarios