O Parlamento galego reitera a necesidade dunha “solución política” para o Sáhara

A Cámara acolleu  a XX Conferencia dos intergrupos parlamentares “Paz e liberdade para o pobo saharauí”, con participación de Castela-A Mancha, Nafarroa, Euskadi, Cantabria, Canarias, Castela e León, Aragón, Valencia, Madrid, Murcia e Galiza .

sahara MOntse Prado
photo_camera Imaxe: Montse Prado

É necesaria unha “solución política” para o Sáhara que sexa “xusta e definitiva”. O intergrupo que traballa no Parlamento galego deu conta dos acordos da conferencia 'Paz e liberdade para o pobo saharaui', que decorreu esta fin de semana na Cámara lexislariva galega. Esas conclusións fican recollidas na 'Declaración de Santiago de Compostela' e na mesa participaron grupos interparlamentares de 11 comunidades do Estado español, entre eles, ademais de Galiza, Euskadi, Nafarroa, Valencia, Castela...

Así, apóstase nunha “solución política” liderada pola ONU que se concrete na práctica do dereito de auto-determinación do pobo saharauí mediante un referendo. A declaración exixe tamén a “fin do espolio” no Sáhara, así como a fin da represión a liberación dos presos políticos saharauis.

O intergrupo está formado por representantes de todos os grupos con presenza no Parlamenbto galego (PP, PSdG, BNG, AGE, Grupo Mixto). Coincidiron en que, aliás da axuda e programas humanitarios, é importante a actuación a nivel político para lograr a auto-determinación saharauí.

Comentarios