50% do resultado final do festival de Benidorm vai depender do xurado. A outra metade, repartida en dúas partes iguais entre o denominado voto demoscópico e o “televoto”, isto é opinión directa do público a través das canles abertas para para ese fin pola entidade organizadora do evento, a Corporación de Radio Televisión Española.
O xurado xa foi acusado de “tongo” na gala da cuarta feira pola puntuación outorgada a Tanxugueiras. De feito o grupo só puido acceder á final grazas ao voto popular, tras ser excluída da final polo xurado. Mesmamente o seu resultado mereceu tamén a crítica de moitos experto en Eurovisión.
O voto do xurado semella que non foi homoxéneo. Segundo informacións divulgadas por persoas coñecedoras dos resultados da votación, os tres membros do xurado de nacionalidade española castigaron coa súa puntuación a Tanxugueiras fronte aos membros do mesmo doutras nacionalidades.
Os membros españois do xurado
As filtracións das deliberacións do xurado sinalan que os tres xuíces españois terían outorgado ás pandereiteiras unhas puntuacións baixas, concretamente 5, 5 e 6 puntos, mentres os dous membros do xurado doutras nacionalidades concederían 22 puntos.
As dúbidas pairan sobre estas tres persoas. Unha deles, Miryam Benedited, é coreógrafa, empresaria e persoa moi vinculado ao mundo televiso, polasua participación en programas de canles españolas como “OT” ou “Tu cara me suena”.
Benedited foi compañeira de traballo nestes dous programas dunha das concursantes, Chanel, a quen o xurado outorgou a máxima puntuación na final. As mostras da relación dun é outra pódense seguir en múltiples fotos partilladas por ambas nas redes sociais. Benedited, que se declara como unha gran especialista en Eurovisión, encargouse da actuación de Edurne na edición de 2015 do festival, onde rematou no posto 21.
Os grandes grupos españois de comunicación contra Tanxugueiras
Os grandes grupos españois de comunicación de titularidade privada, tamén, teñen a guerra declarada ao grupo galego. Así, o programa das tardes de Telecinco, “Sálvame” pediu o voto abertamente para Rigoberta Bandini, recoñecendo unha das copresentadoras do mesmo, María Patiño, que “La Fábrica de la Tele”, nome da productora do programa, “aposta por Rigoberta, e eu polas miñas Tanxugueiras, son da miña terra natal”.
A súa compañeira na condución de “Sálvame”, Terelu Campos, non dubidou en lémbralle a Patiño “ María, creo que estás a meter a pata. Neste programa imos con Rigoberta Bandini e o seu temazo Ai mamá, que é unha defensa ao feminismo, reivindica ás nais e as tetas. E ademais é a banda sonora do especial Montealto, regreso la casa que veremos aquí dentro de moi pouquiño”.
Os intereses dos grandes grupos de comunicación privada xogan contra Tanxugueiras pero sobre todo a lingua e a cultura que representan. Un exemplo diso, son os chios nas redes sociais descualificando ao grupo polo idioma empregado e por ofrecer unha visión que non encaixa co estándar español.