A Policía Nacional busca nestes momentos un home como presunto responsábel da agresión que sufriu a súa parella en Vigo, a cal se atopa en "risco extremo" após sufrir cortes nos dedos.
Tal como informaron fontes do devandito corpo de seguridade, as feridas producíronse cando ela trataba de defenderse do seu agresor, co que iniciara hai poucas semanas unha relación sentimental.
Agora a vítima atópase en "risco extremo", condición que implica protección policial durante as próximas horas, mentres os axentes intentan localizar o presunto autor da agresión, parella da muller no momento do ocorrido, a pasada sexta feira.