Xustiza

A Fiscalía cre que os acusados da morte de Samuel eran "plenamente conscientes" e actuaron "cunha crueldade extrema"

O Ministerio Público pide até 27 anos de prisión para os cinco acusados de seren "coautores" da brutal malleira, con "aleivosía e asañamento", que provocou a morte do mozo coruñés de 24 anos. No seu escrito de acusación, Fiscalía ve tamén claros indicios do móbil homófobo do crime: "O acusado interpretou que era homosexual, feito que desencadeou unha reacción aínda moito máis virulenta pola animadversión á orientación sexual que lle atribuíu, chegando a dicirlle: 'Deixa de gravar, a ver se te vou matar, maricón'".
Manifestación polo Día do Orgullo LGBTI na Coruña demandando xustiza para Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Manifestación polo Día do Orgullo LGBTI na Coruña demandando xustiza para Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios