Esta cuarta feira, 1 de febreiro, entra en vigor a gratuidade dos roteiros de autobús estatais para viaxeiros e viaxeiras frecuentes que acheguen unha fianza mínima de 20 euros, que se devolverá se se fan un mínimo de doce viaxes durante os próximos tres meses. O funcionamento será semellante á medida que se aplica nos trens de proximidade e Media Distancia de Renfe desde setembro do ano pasado.
Segundo detalla a Confederación Española de Transporte en Autobús (Confebús), os viaxeiros deberán dirixirse á empresa de transporte ou á canle de venda habitual para obter un código único e adquirir o título multiviaxe do traxecto recorrente. A continuación, deberán pagar por este título unha cantidade en concepto de fianza, que será reembolsada se se alcanza o mínimo estabelecido.
Son, en concreto, 20 euros por billetes de até 5 euros, 35 de euros para os de entre 5 a 13 euros, 50 euros para os de entre 13 e 25 euros e 65 euros para os superiores a 25 euros. Estes títulos terán unha validez de catro meses, agás no primeiro deles, que será de tres meses, debido a que comeza en febreiro e vencerá en abril, período durante o cal terán que realizarse doce viaxes ou máis.
Nos períodos de maio a agosto e de setembro a decembro terase que viaxar máis de 16 veces no traxecto concreto para o cal se adquiriu o billete, válido só para unha persoa. No caso de que os viaxeiros obtivesen o título multiviaxe con tarxeta de crédito, a devolución realizarase nun prazo máximo dun mes e de forma automática pola empresa concesionaria, sen solicitude previa por parte do usuario, á tarxeta de crédito coa que se obtivo o título, unha vez finalizado o trimestre ou cuadrimestre.
Para os títulos obtidos con pagamento en metálico, a devolución do importe adiantado en concepto de fianza deberá ser solicitada polo viaxeiro nos despachos de billetes, oficinas de atención ao cliente ou en calquera outro servizo posventa habilitado para o efecto pola empresa concesionaria, nun prazo non superior a dous meses desde a finalización do prazo de vixencia do título multiviaxe.
O Goberno español destinará 27,3 millóns de euros durante o primeiro semestre do ano ao financiamento desta gratuidade no transporte de viaxeiros en autobús nas liñas estatais. A medida complementarase cos descontos de 50% no transporte autonómico, que custará 380 millóns de euros ao Estado, e a gratuidade en Renfe, con outros perto de 700 millóns de euros.
Liñas de autobús gratuítas
- Madrid-Salamanca-Vigo con prolongacións
- Vigo-Irún-Barcelona
- Irún-Tui con prolongacións
- Santiago de Compostela-Xixón-Irún-Barcelona
- Ferrol-Algeciras
- Teruel-Barcelona con prolongación a Caspe
- Logroño-Soria-Madrid con prolongacións
- Madrid-Toledo con prolongacións
- Murcia-Sevilla por Granada con prolongacións
- Murcia-Valencia
- Viella-Lleida con prolongacións
- Lleida-Molina de Aragón por Zaragoza con prolongacións
- Madrid-Badajoz-Valencia con prolongacións
- Coria-Salamanca-Barcelona con prolongacións
- Madrid-Alicante con prolongacións
- Madrid-Toledo por Valmojado con prolongacións por Chozas de Canales
- Burgos-Poza de la Sal-Frías-Briviesca-Logroño con prolongacións
- Soria-Zaragoza con prolongacións
- Madrid-Fuensalida
- Madrid-Miajadas-Don Benito con prolongacións
- Madrid-Granada-Almuñécar
- Madrid-Jaén con prolongacións
- Madrid-Zaragoza-Barcelona con prolongacións
- Santander-Bilbao-Barcelona con prolongacións
- Huesca-Lleida con prolongacións
- Madrid-Fuente Del Arco-Badalona con prolongacións
- Alacant-Murcia con prolongacións
- Zaragoza-Murcia con prolongacións
- Salamanca-León-Santander-Laredo
- León-Zaragoza por Valladolid con prolongacións
- Sevilla e Málaga a Montgat e Manresa con prolongacións
- Madrid-Piedrabuena
- Zaragoza-Castelló de La Plana por Tarragona e Caspe
- Madrid-Irún con prolongacións
- Madrid-Casas Ibáñez-Las Lagunas de Ruidera
- Xixón-León-Madrid
- Sevilla-Salamanca-Irún
- Puente Genave (Jaén)- Albacete
- Tamarite de Litera (Huesca)-Lleida
- Santander-Bilbao-La Manga del Mar Menor (Murcia)
- Madrid-Sevilla-Ayamonte (Huelva)
- Madrid-Córdoba-San Fernando
- Madrid-Almería
- Ayamonte -Santa Coloma de Gramanet
- Madrid-Zaorejas-Sigüenza
- Madrid-Plasencia (Cáceres)
- Madrid-Ávila
- Madrid-Jaraíz de La Vera (Cáceres)
- Pamplona-Jaca
- Madrid-Navamorcuende (Toledo)
- Calahorra-Soria
- Almería-Cartagena
- Murcia-Almería
- Cuenca-Barcelona
- Madrid-Piedrabuena (Ciudad Real)-Agudo (Ciudad Real)
- Madrid-Málaga-Algeciras
- Fraga-Binefar-Mequinenza (Huesca)-Lleida
- Irún -Algeciras
- Burgos-Zaragoza
- Eibar-Pamplona
- Jaén-Benidorm
- Mérida-Sevilla
- Badajoz-Sevilla
- Madrid-Aranda del Duero (Burgos)-El Burgo de Osma (Soria)
- Madrid-Guadalajara
- Barcelona-Huesca
- Madrid-Segovia con prolongación a Melgar de Fernamental (Burgos)
- Aldeanueva del Camino (Cáceres)-Madrid
- Puertollano-Tomelloso-Cuenca-Albacete-Valéncia
- Alacant-Cartagena-Murcia
- Pedro Bernardo (Ávila)-Talavera de la Reina (Toledo)
- La Adrada (Ávila)-Talavera de la Reina
- Hontanares (Ávila)-Talavera de la Reina
- Badajoz-Córdoba con prolongacións
- Madrid-Molina de Aragón-Teruel-Valéncia
- Madrid-Pamplona por Burgos e Logroño, con prolongacións