Esta cuarta feira (9 de febreiro) foron postos en liberdade con cargos os dous titereteiros prendidos o 5 de febreiro no marco dunha representación teatral e após a denuncia presentada polo Concello de Madrid. A súa saída de prisión, na que permaneceron 6 días sen fianza por un presunto delito de "enaltecemento do terrorismo", resulta dun informe favorábel da Fiscalía, o mesmo órgao que reclamou a súa entrada en prisión por un cartaz no que se podía ler 'Gora Alka-ETA'.
A Fiscalía entende que diminuíu o risco de reiteración do delito porque "foi incautado xudicialmente todo o material empregado na representación
Aliás, di a Fiscalía, mingou a posibilidade de reiteración do delito porque "foi incautado xudicialmente todo o material empregado na representación". Destarte, os dous artistas deberán acudir aos xulgados diariamente e foilles retirado o pasaporte.
A Audiencia Nacional española enviou os titereteiros a prisión por un delito de "enaltecemento do terrorismo", punido con até tres anos de prisión, e outro contra os "dereitos fundamentais e as liberdades públicas", penado con entre 1 e 4 anos de cadea.
A Audiencia Nacional asegura que "calquera persoa" poder "verificar" o delito ao ler 'Gora Alka-ETA'
Segundo o maxistrado a existencia de delito ficaría probada porque "calquera persoa" ao ler o cartaz 'Gora Alka-ETA' "pode verificar" que "se está loubando ou xustificando quer aos autores de feitos terroristas, quer os propios feitos".
Esta cuarta feira ás 20h a CNT convocou unha concentración na Praza do Pan de Compostela para rexeitar a detención.