Trinta e oito Bens de Interese Cultural fican dentro de polígonos eólicos

Máis de 2.500 muíños eólicos están situados en lugares da Rede Natura

Os espazos protexidos polo seu alto valor ambiental e patrimonial non escapan á presión dos proxectos eólicos. Un informe presentado onte polo colectivo Monfero di Non, baixo o título de 'Macroeólicos Galiza', pon o foco na incidencia dos aeroxeradores na Rede Natura, nas reservas da biosfera e nos BIC.

Na serra do Xistral, que forma parte da Rede Natura 2000, hai 28 parques eólicos. (Foto: Turismo da Galiza)
photo_camera Na serra do Xistral, que forma parte da Rede Natura 2000, hai 28 parques eólicos (Foto: Turismo da Galiza).
Comentarios