A contía equivale ao total investido na especie nos últimos 6 anos

A Xunta renuncia a máis de 4 millóns de euros por non apoiar a estratexia do lobo

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) denuncia que a negativa da Xunta da Galiza a apoiar a Estratexia para a conservación e xestión do lobo e a súa convivencia coas actividades do medio rural presentada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) fixo que o Executivo galego deixase de ingresar 4,3 millóns de euros.
Adega demanda unha 'coexistencia amábel' co lobo. (Foto: CSIC)
photo_camera Adega demanda unha 'coexistencia amábel' co lobo. (Foto: CSIC)
Comentarios