A denuncia da precariedade no sector das ambulancias chega ás portas da patronal

Unha mobilización percorreu Compostela para rematar diante da sede da Confederación de Empresarios, onde exixiron negociar unhas condicións xustas no conxunto das empresas.

ambulancias

Traballadores do sector de ambulancias das empresas concesionarias que operan en Galiza manifestáronse en Compostela, convocados pola CIG, para exixir “un convenio digno”. Esta manifestación vén precedida por múltiples concentracións e protestos para denunciar “os constantes incumprimentos do convenio vixente até o de agora”. Nacho Pavón, da central nacionalista, denunciou a parálise do convenio por interese da patronal desde hai dous meses e tras reunións que concluiron sen acordo algún.

Criticou a “cumplicidade” da Xunta, pois embora coñercer o que está a pasar, non actúa. Lembrou que no sector aínda hai empresas onde o persoal fai máis de 50 horas extra ao mes, sen cobrar ou mal pagadas, onde non teñen vacacións regulamentarias, falta persoal, as bases para a permanencia do persoal non reúnen as condicións de salubridade mínimas e nin se desinfectan os informes, nin se entregan os uniformes axeitados.

A manifestación rematou diante da sede da Confederación de Empresarios de Galiza, na zona vella da capital galega, en demanda de que a patronal sente a negociar "unhas condicións xustas no conxunto das empresas, para todas e todos os traballadores".

Comentarios