Opinión

Como en Portugal

[Alberte Mera] 

Onovo Goberno portugués de dereita perdeu onte no Lexislativo e gañou a iniciativa defendida desde a bancada progresista para rematar coas peaxes nas autoestradas que até hai 13 anos eran gratuítas. Aquí, á outra beira do Miño, en 2013 tería rematado a concesión da AP-9 a Audasa de non ser pola ampliación desa mesma concesión polo Goberno español de Felipe González e o ano pasado tería caducado de o Executivo de José María Aznar non a ter prorrogado até 2048. Ampliación, por certo, que investiga a Comisión Europea. E que miren, se hai unha cuestión que me sorprende do neoliberalismo do PP na Galiza e no Estado español é que aman a intervención pública. É dicir, intervir no público pero para conceder a súa xestión a empresas privadas, o que sae máis caro ao cabo dos anos que levalo desde o público. Ser empresario de éxito na Galiza é ben doado, é cuestión de lazos, de ter de quen recibir a xestión dun ben público que é de todas e de todos nós para xestionalo a un maior custo. E con esta política máis caciquil que neoliberal, que tamén, as galegas e os galegos pagamos e pagaremos peaxes. 

Portugal, en cambio, libera de portaxes a partir de xaneiro de 2025 os viarios que xa eran de balde. O exemplo portugués que vimos de celebrar co 50 aniversario o 25 de abril da Revolución dos Cravos volve de novo darnos un baño de realidade. Señor Rueda, pague vostede

Comentarios