Opinión

Ana Cancela, pregoeira e autora do cartel da XVII Festa do Viño e da Cereixa de Belesar

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Licenciada en Filosofía e Ciencias de Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, entre outras colaboracions, textos de Marcelino Agis: Libro de Artista ”Ruta do Padre Sarmiento a Santiago, rodeando o Salnes”.

Desde 1994, participe de Exposicións Individuais e Colectivas, así como Comisariado doutras, mesmo activista de Eventos Artísticos.

No seu haber o Premio Sanxenxo na Historia, polo traballo feito á fronte do Seminario de Estudos Locais, realizado durante mais dunha década, promovendo a recuperación dos valores Históricos e Culturais do Concello e destacada por impulsar a Escola de Arte de Sanxenxo, más fundamentalmente pintora.

O pasado dia 8 de marzo no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán, foi recoñecida como muller inspiradora do Concello de Sanxenxo.

Residente en Dorrón, a mesma creadora convidada para pintar os Muíños de O Folón e O Picón, no Concello de O Rosal e integrarse  no proxecto expositivo desde Lisboa a Santiago de Compostela, para dar a coñecer a través da paleta o enclave paisaxístico, etnográfico e histórico da ‘molienda’ no Baixo Miño.

En días mais recentes, igualmente solicitada para plasmar o cartel divulgador  da XVII Festa do Viño e Cereixa 2023, que vai ter lugar nos próximos dias 20 e 21 de maio, en terras chantadinas de Belesar, a beira do Miño, mesmo onde cruzan os peregrinos que elixen o Camiño de Inverno, para chegar a Compostela.

Será igualmente a encargada de ler o Pregón,  segunda muller que realiza este cometido, antes fora, Manola Porto, xornalista, entre outras pregoeiros, o editor ourensán de Xunqueira de Ambía, Bieito Ledo; Xosé Maril Sánchez, ex presidente executivo do Consello da Fundación Semana Verde de Galicia; Xosé Maria Fonseca, Presidente do Grupo Terras Gauda e saxofonista “Con la Venia”; Xosé Mouriño, Fillo Predilecto de Xermade ; actor Serxio Pazos; inesquecible Xosé Posada ou os irmáns,  Xosé e Victor  Vázquez Portomeñe, uns e outros subiran ao palco a beira da Ponte de Belesar para exaltar os produtos do lugar, nunha feira organizada  pola Asociación de Papeiros e Rabudos e colaboración dos Concellos do Saviñao e Chantada, a Asociación de Empresarios e Adegas, Terras de Bendaña, Fontao e  Condado de Sequeiras.

Dúas xornadas festivas e gastronómicas, con cata de viños, xantares,  música e verbas para enxalzar os caldos que se dan nos bancais á beira do Miño xunto as “perlas vermellas", as mesmas cereixas bautizadas así polo nonaxenario pintor Diz, froito que inclúe o cartel firmado pola autora de Dorrón no que se pode ollar igualmente unha botella e copa encima dun barril e o enclave tamén coñecido como o ‘Jerte’ da Ribeira Sacra.

Comentarios