Opinión

O oficio de condutor de autobús

Hai días nos que certas profesións por diferentes motivos resaltan máis que outras, e desgraciadamente estes son días aciagos para unha profesión que merece todos os respectos e consideración, non porque sexa co que me gaño o sustento, para ben ou para mal, senon porque é un oficio que leva aparelladas condicións especiais diferentes ás de calquera outro no seu desempeño.

Un condutor de autobús, chófer, autobusero, busero, ou como guste en chamárselle, non é so o que se senta ao volante para darlle volta de aquí e volta de alí, é moito mais que iso, iso é o que se ve, pero detrás de iso hai bastante máis, moito máis, hai un traballo e unha adicación que nin se ve, nin se valora.

Un condutor de autobús é aquel que non sabe o que se atopará na súa extensa e moitas veces agotadora xornada laboral, é aquel no que cada xornada é un mundo diferente, situacións diferentes, xente diferente, lugares diferentes.

Un condutor é aquel que mentres a xornada normal de calquer traballador vén sendo por regra xeral de 8 horas diarias, el funciona 15 horas seguidas, ou ata 21 horas dependendo da viaxe.

Un condutor é aquel que fins de semana e festivos é o mesmo que semana laborable.

Un condutor é aquel que mentres os viaxeiros se divirten el debe facer longas esperas de horas e horas sen poder descansar adecuadamente, para despois continuar a viaxe.

É aquel que desempeña a súa labor de sol a sol e noites enteiras, con climatoloxía adversa, pasando calor abafante, ou soportando frío extremo.

É aquel que coñece lugares dignos de ver e persoas excelentes, si, pero tamén é aquel que nalgunhas ocasións debe soportar e poñer boa cara a borrachos e indesexables.

Un condutor é aquel que non ten horarios, que un día come a unha hora e outro a outra, un día come aquí e outro alá, un día dorme aquí e outro mal-dorme alá.

Un condutor é aquel que bota días, ou incluso semanas, alonxado da súa casa, da súa familia, da súa parella, é aquel que carece case de vida social.

Un condutor é aquel que sempre debe estar pendente dos horarios do viaxeiro sen poder dispoñer moitas veces dese tempo para o seu recreo.

É aquel que non ten dúas xornadas iguais.

Un condutor é aquel que nalgúns casos traballa nunhas condicións que rozan a explotación, porque habelos hainos.

Un condutor é aquel no que salario e traballo non sempre van parellos.

É aquel que é tremendamente afortunado e da grazas cando remata a viaxe sen sobresalto de ningún tipo, porque un non volve ser o mesmo cando unha de tantas cousas que poden sair mal acaba nunha desgraza como a distes días.

Un condutor é aquel que, como humano que é, comete erros, erros que paga moi caros, é aquel no que cando ocorre unha desgraza é sempre o primeiro culpable ainda non sendo.

Un condutor é aquel no que o descanso diario ás veces se ve obrigado, polas condicións do servicio, a facelo no propio autobús.

É aquel que unha vez rematado a viaxe todavía lle quedan varias horas mais de traballo ata chegar á base, facer a limpeza da ferramenta de traballo e chegar ao seu fogar para poder descansar como realmente merece.

É aquel que a pesar de todo sempre da o mellor de sí.

Porque este gran e fermoso oficio no que teño a sorte de traballar non so é o longo tempo que lle adicas, de sol a sol con descanso escaso e durmindo fora da casa os que nos adicamos a viaxar fora, é a concentración que require, o procurar chegar ben aos lugares, todos diferentes e con diferentes ordeamentos, a planificación previa, o rematar a xornada e planificar a do día seguinte con escasas horas de parón ata a nova xornada, as variacións sobre a marcha coas que non contabas e te collen de imprevisto, o atopar onde estacionar tranquilo un vehículo desas dimensións ata a xornada seguinte en cidades xa de por sí compricadas, a tremenda responsabilidade que un leva entre as mans, a presión do tráfico, as dudas de se pasarás ou non por certos sitios, o temor ás sancións de tráfico, a esixencia na puntualidade no programa de viaxe, o querer cumplir e o entregar en moitos casos familia, amizades e tempo de vida, vida e alma a un oficio que require o 200% de ti.

Porque os que deben coidalo están dinamitándoo en lugar de dinamizalo, porque unha media de idade entre os profesionais de algo máis de 50 anos di moito do mal que están a facer as cousas os que deberan mimalo, perdendo así de medrar eles mesmos como empresas e buscando profesionais debaixo das pedras.

Un traballador non é ninguén sen o empresario, pero un empresario é menos sen traballadores, mal que lles pese ás duús partes.

Cando vexas un condutor non te quedes coas voltas que lle dá ao volante, quédate con todo o traballo e sacrificio que hai detrás, porque a pesar de algunha mala hora que outra segue sendo o medio mais seguro de viaxar, porque os novos sistemas de seguridade son postos en funcionamento antes en autobuses que no coche que conduces, e porque as empresas son as primeiras interesadas na seguridade do viaxeiro.

Cando viaxes en autobús, cando pagues un billete, pensa si de verdade o que estás pagando non valdría moito mais, porque tal vez estés pagando o traxecto, pero non a túa seguridade, non o que realmente vale.

Comentarios