ECONOMÍA
Carmen Martínez, investigadora do CSIC: "Dispomos do necesario para ter a DO de Aceite da Galiza"
04/maio/24
Carmen Martínez é xefa do grupo de viticultura da Misión Biolóxica da Galiza e do Grupo Operativo “Oliveiras da Galiza” que o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de pór en marcha para multiplicar este cultivo no país. Está convencida de que as variedades autóctonas galegas van producir "un aceite único e de calidade".