autónomos

Un traballador de Glovo polas rúas da zona vella de Santiago de Compostela 
o domingo (Foto: Riobó Prada).
star
TRABALLO

Unhas 15.000 persoas aínda traballan como falsas autónomas, figura que se estende a ensino, fontanaría ou avogacía

Profesionais do sector da carne están á espera das últimas resolucións xudiciais que, como en casos anteriores, poderían ditaminar que foron falsos autónomos. Xornadas "maratonianas" e sen poder coller horas para ir a urxencias marcan a realidade desta situación laboral irregular.
A maior parte dos fogares chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes. (Fonte: IGE)
star
Gráficos

A precariedade no emprego impide chegar a fin de mes a máis da metade dos fogares

O Instituto Galego de Estatística (IGE) deu a coñecer esta terza feira os datos da enquisa conxuntural da situación económica dos fogares galegos do primeiro trimestre de 2024. Neles contátanse, entre outra información, un cambio de hábitos das familias na Galiza.
Oficina da Axencia Tributaria (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
ECONOMÍA

Comeza a Campaña da Renda e Patrimonio de 2023: estes son os prazos

As declaracións do IRPF a través de internet poderán ser presentadas desde esta cuarta feira.
Traballador autónomo na súa tenda (Foto: Arxina).
TRABALLO

Autónomos exixen un plan de choque contra a sinistralidade laboral: "Os datos son inaceptábeis"

A estatística recolle a mesma cifra de falecementos que no ano anterior.
Alfonso Rueda, esta terza feira, nunha panadaría de Boqueixón. (Foto: Nós Diario)
18-F

Rueda métese "en fariña" para unificar todas as convocatorias de axudas a autónomas

Axudou a facer chapatas nunha panadaría de Boqueixón.

O vello local de Almacenes Olmedo, en Santiago. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A Galiza conta con 4.127 empresas menos que nos inicios da crise económica

A redución de empresas inscritas na Seguridade Social constata a situación da economía dun país. No caso galego, desde o Consello Económico e Social da Galiza, alertan dunha "ralentización" nos últimos anos.
O comercio galego anticipa novos fechamentos até final de ano (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Galiza, o país dos 7.000 locais comerciais baleiros

Nun só ano aumentaron en 570.

#autónomo #autónomos #comercio #comerciolocal Un comercio de proximidade anunciando a súa liquidación. (Foto: Arxina)
TRABALLO

Galiza perdeu case 10.000 autónomos na última década e 1.349 só en 2023

O comercio é o principal damnificado da destrución de postos de traballo.
mujer_observa_escaparate_encendido_comercio_agosto_2022_santiago_compostela
TRABALLO

O ano 2023 deixa a destrución dun total de 1.298 empregos autónomos na Galiza

As persoas traballadoras por conta propia creceron en 14.535 a nivel estatal.

O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A Galiza perde 431 profesionais autónomos en novembro

É dos territorios que máis persoal por conta propia perdeu nese mes.

O comercio é un dos sectores máis afectados. (Foto: Europa Press)
star
TRABALLO

'Cota cero' para todos os autónomos? Desde o sector piden que a renda inflúa porque "hai quen a precisa e quen non"

A Galiza perdeu, desde setembro de 2022 até setembro de 2023, 1.257 empregos por conta propia. O anuncio do Goberno galego de estabelecer unha “cota cero” atopou algunhas reservas en entidades da Mesa do Emprego Autónomo que seguen preocupadas pola fiscalización, así como pola falta de relevo xeracional no sector do comercio e na agricultura.
O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Rueda anuncia unha 'Cota cero' para autónomos durante o primeiro ano de actividade

A partida está incluída no proxecto de orzamentos da Xunta que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que estará en vigor en 2024.
Centro de Emprendemento Creativo do Gaiás, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).
star
Análise

A situación do emprendemento na Galiza e o enfoque transformador

Aleixo Vilas é economista, profesor da especialidade de Formación e Orientación Laboral.
O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Galiza perdeu 1.889 traballadores por conta propia no último ano

Galiza liderou a destrución do emprego autónomo no Estado entre xuño de 2022 e o mesmo deste ano. O país continúa e tendencia do exercicio de 2022, cando perdeu máis traballadores por conta propia que o total estatal.

Ambulancia do 061 (Foto: Xoán Roberes).
TRABALLO

A Galiza é o territorio con máis accidentes mortais de autónomos

O país conta co maior índice de sinistralidade laboral.
Locais de hostalaría na praza de María Pita, na Coruña (Foto: Horváth Botond).
star
ECONOMÍA

O incremento de afiliación á Seguridade Social na Galiza fica por baixo do estatal

O desemprego baixou na Galiza durante o mes de maio (-3,52%) máis do que o fixo a nivel estatal (-1,8%). Pola contra, as afiliacións á Seguridade Social ascenderon a un ritmo menor no país (+0,84%) que no conxunto do Estado español (+0,97%).
Comercio anunciando 
o seu feche en Compostela (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O comercio galego perde músculo e trata de defenderse da actual crise

Os datos do Réxime Especial de Traballadoras e Traballadores Autónomos (RETA) publicados este mes amosan que a Galiza perdeu nun ano 1.512 persoas que cotizaban no sector do comercio. A pandemia e a crise empeoraron a situación dun ramo que suma eivas propias ás procedentes das novas formas de consumo. Nos últimos anos, ademais, introducíronse fórmulas como as feiras 'outlet' con venda de grandes lotes de produtos como se fosen rebaixas.
O presidente da Cepyme, Gerardo Cuervas; o da CEOE, Antonio Garamendi, e o da ATA, Lorenzo Amor. (Fotos: Europa Press)
TRABALLO

O empresariado oponse á reforma das pensións e considera o consenso coa UE "unha cesión de soberanía sen precedentes"

CEOE, Cepyme e ATA cren que a proposta de Escrivá, que cualifican de "populista", "socavará o esforzo das empresas nas negociacións salariais" cos sindicatos.
Gráfica das pensións
ECONOMÍA

As pensións de xubilación máis baixas do Estado percíbense na Galiza

710.119 galegos e galegas reciben algunhas das pensións máis baixas do Estado, estando 50,1% das mesmas por baixo do limiar da pobreza. A reforma que o Ministerio quere ter aprobada antes de Semana Santa reducirá máis o poder adquisitivo das pensionistas.

Autónomas da Xunta