star
CULTURA
Berta Cáccamo, os 'depósitos da mirada' que amalgaman a arte e a vida
13/abr./24
O Museo de Pontevedra inaugurou esta sexta feira unha exposición de Berta Cáccamo que une a experiencia vital da artista co seu pensamento artístico. Correspondencias de arquivo mostra a parte documental do seu arquivo póndoa en relación coa súa obra pictórica.