Redacción
16/feb./23 16:51
A obra 'En las orillas del Sar', de Rosalía de Castro, inspira esta ruta promovida polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro que aquí se extracta. Senda circular cun percorrido á beira do Sar de dificultade moderada, permite descubrir as fermosas paisaxes de Terras de Iria que inspiraron a escritora.