Un futbolista do Sancovade denuncia outro do Castro por supostamente referirse a el en termos xenófobos, o que motivou a suspensión do partido que disputaron o pasado sábado no minuto 69.
Aliado de Luis Rubiales e inhabilitado por fraude e prevaricación, a carreira política de Rafael Louzán fixo que aterrase na Presidencia da Real Federación Galega de Fútbol a pesar de incumprir os estatutos do propio organismo.
O fútbol galego conta cun novo título, a Supercopa Galiza. Este torneo enfrontará os conxuntos que levantaron a Copa da Coruña, a de Ferrol, a da Costa, a do Sar, a Copa Deputación de Ourense, a de Lugo e a Copa Rías Baixas de Pontevedra e de Vigo. Ademais, a gran final será nun escenario de excepción, Balaídos.
As licenzas de fútbol feminino na Galiza medraron un 377,5% desde o ano 2009. Parte do auxe ten que ver co do fútbol sala, que achega 2.250 deportistas.
A selección galega de fútbol praia xogará en Cádiz o Campionato de España. Será entre o 11 e o 17 de xullo e participarán os combinados da feminina e da masculina.