Greenpeace

O buque Arctic Sunrise de Green Peace.
SOCIAL

O buque 'Artic Sunrise' de Greenpeace poderá visitarse en Vilagarcía de Arousa en xuño

A escala servirá para dar a coñecer o traballo de Greenpeace e as misións que realiza en todo o mundo, para o que se organizarán visitas guiadas ao barco co que a organización opera desde 1996
Viaduto sobre o río Ulla (Foto: Europa Press).
Medio Ambiente

Ecoloxistas piden o recoñecemento institucional dos dereitos do Ulla ante a "ameaza" de Altri

Remarcan que máis dunha trintena de Estados adoptaron instrumentos lexislativos para o recoñecemento de cursos fluviais, tal e como ocorre no río Ganges na India ou no Atrato en Colombia.
Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, en Ribeira (O Barbanza). (Foto: Greenpeace)
18-F

Cales son as propostas dos partidos en termos de conservación da natureza? Greenpeace analiza os programas electorais

420.000 galegas e galegos aínda non decidiron o sentido do seu voto para o 18-F.

Obras da A-57 en Pontevedra (Foto: Ecoloxistas en Acción).
Medio Ambiente

Colectivos ecoloxistas rexeitan a construción da A-57 en Pontevedra: "É unha desfeita"

Nunha rolda de prensa esta quinta feira en Pontevedra varios colectivos mostraron o seu respaldo á Plataforma de Afectados pola A-57 nas parroquias de Bora e Xeve para "frear a desfeita ecolóxica e social que causarán estas obras".
Avión privado. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Santiago-A Coruña, a ruta máis curta preferida polos 'jets' privados

Ao longo de 2022 houbo até 45.633 aeronaves deste tipo sobrevoando o Estado español. Os avións privados emitiron o pasado ano 3,3 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera na UE, Reino Unido, Suíza e Noruega, o equivalente ao que contamina medio millón de habitantes do espazo comunitario.
Diversas empresas, con sede social fóra da Galiza, presentan proxectos para desenvolver a eólica en augas galegas. (Foto: Infopuertos)
O Debate

Eólica mariña nas costas da Galiza: ameaza ou oportunidade?

A publicación dos Plans de ordenación dos espazos marítimos (POEM) reavivou o debate sobre relación entre a eólica mariña e as nosas costas.
O complexo industrial de Ence, en Lourizán, na Ría de Pontevedra. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Greenpeace leva ao Constitucional a sentenza do Supremo a favor de Ence

O Alto Tribunal mantén a fábrica na ría de Pontevedra
Vista da factoría de Ence en Pontevedra. (Foto: Europa Press)
Medio Ambiente

Greenpeace recorrerá no TC a sentenza favorábel a Ence

"Todo o que rodea o 'caso Ence' cheirou sempre moi mal", denuncia Manoel Santos, coordinador da organización ecoloxista na Galiza.
As turbeiras da serra do Forgoselo, na comarca de Ferrolterra, foron incluídas no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza. (Foto: Xeoparque Cabo Ortegal)
SOCIAL

A Xunta incorpora 400 humidais a un Inventario que leva 15 anos baleiro

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta segunda feira unha resolución pola que se inclúen 400 humidais no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza despois de ficar 15 anos baleiro.
A baixada do nivel do río Ouro podería estar detrás da acumulación de halometanos na traída. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

97% das augas subterráneas galegas están contaminadas por nitratos

Durante todo o ano 2022, rexistráronse no Estado español un total de 858 medicións de nitratos na auga, segundo informa Greenpeace nun comunicado.
Central nuclear de Ascó, en Tarragona. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Greenpeace leva a Comisión Europea aos tribunais por denominar 'enerxías verdes' o gas e a nuclear

"Os mesmos contaminadores que Ursula von der Leyen quere premiar cunha etiqueta sostíbel son os responsábeis de moitas das terríbeis dificultades que enfronta a xente hoxe en día, como o aumento dos prezos e a emerxencia climática", advirte o colectivo ecoloxista.
A redución ou mesmo a supresión do IVE para os produtos pesqueiros é unha vella demanda dos pescadores galegos (Foto: OPAGAC).
SOCIAL

Ecoloxistas critican o proxecto de Lei de Pesca Sostíbel: "Nin protexe a biodiversidade nin evita a sobrepesca"

ONG instan os grupos parlamentarios a recuar e "acordar unha norma á altura dos obxectivos ambientais e pesqueiros actuais".

TRaballos de recollida do chapapote en 2002 (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Ecoloxistas dubidan que a costa galega estea recuperada na súa totalidade 20 anos despois do 'Prestige'

Cando faltan días para facerse 20 anos da catástrofe do 'Prestige' (ocorrida o 13 de novembro de 2002 fronte á costa galega) organizacións ecoloxistas e responsábeis municipais difiren sobre os efectos que aínda poidan persistir na costa galega.
Praza do  Teucro Pontevedra (Turismo,gal)
SOCIAL

Greenpeace destaca Pontevedra como referente de "cidade á medida das persoas"

Con motivo do Día Internacional das Cidades, a organización ambientalista Greenpeace demanda urbes "a medida das persoas e non dos coches" e sinala Pontevedra como exemplo a seguir.
Toma de mostras da calidade do aire na praza de América de Vigo. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
SOCIAL

Un estudo constata a mala calidade do aire e os altos niveis de contaminación acústica na cidade de Vigo

Os niveis de partículas en suspensión e de ruído superan en boa parte da cidade os máximos recomendados pola OMS, segundo un traballo de medición realizado por Ecoloxistas en Acción e Greenpeace.
O informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre Cambio Climático urxe protexer e restaurar o medio natural (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

As consecuencias do quecemento serán máis graves e antes do esperado

O Grupo Intergobernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC, polas súas siglas en inglés) presentará a finais de ano o seu sexto informe de avaliación. Todo apunta a que describirá un impacto maior e máis acelerado do estimado. As evidencias figuran xa en informes previos, parciais pero contundentes.

Black day

reganosa greenpeaxce
SOCIAL

Escaladores entran en Reganosa para denunciar “o impacto do gas no medio ambiente e nas facturas”

A acción correu a cargo de Greepenpeace. A organización ecoloxista, xunto con asociacións veciñais e ecoloxistas locais, súmase ao recurso contra a nova autorización da planta de Reganosa.

buscador2
SOCIAL

Cal é a contribución do teu concello ao cambio climático? Este buscador permíteche sabelo

Greenpeace presenta un buscador que analiza todos os concellos da Galiza e o Estado español para amosar canto contribúe cada un a agravar o cambio climático, ou ben, a protexer a biodiversidade. Podes usalo no interior da nova.

 

EuropaPress_3079689_12_may_2020_south_korea_seoul_protestor_wearing_mask_depicting_japanese
INTERNACIONAL

O perigo do tritio (e do que non é tritio) que Xapón deitará ao mar desde Fukushima

Había alternativa, mais requirían máis diñeiro. O Goberno do Xapón finalmente optou pola "máis barata". Así o considera Greenpeace, organización que leva anos defendendo opcións diferentes ao vertido ao mar da auga usada en Fukushima para refrixerar os reactores danados no accidente nuclear do ano 2011.