pesca

Tres robalizas capturadas no Atlántico nordeste locen con cadansúa etiqueta na lonxa de Burela (A Mariña). (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

A longa viaxe do peixe

Ángeles Piñeiro é profesora do Departamento de Xeografía da USC
Dúas traballadoras escollendo mexillón nunha batea na ría de Arousa (Foto: Consello Regulador do Mexillón).
ECONOMÍA

A celulosa de Altri poría en perigo 19.000 postos de traballo na ría de Arousa: "O seu modelo é a antítese da pesca"

O sector do mar da ría de Arousa representa o 1,33% da produción total da economía galega, achega o 33% do valor engadido do sector en todo o país e dá traballo directa e indirectamente a milleiros de familias. Ten 40% das embarcacións pesqueiras e marisqueiras da Galiza e perto de 70% das bateas de mexillón. A PDRA presenta alegacións ao Proxecto Gama.
Manuel Pérez, Antón Costas, Isabel Artime e Basilio Otero, esta quinta feira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Máis de 50% dos empregos da pesca a nivel estatal están na Galiza

O relevo xeracional e a modernización da frota, retos do sector.
A primeira venda é a que se realiza en lonxas ou directamente tras a súa captura.  (Fonte: Plataforma Tecnolóxica de Pesca)
star
ECONOMÍA

Está a lamprea en perigo de extinción?

Os rexistros da Plataforma Tecnolóxica de Pesca sinalan unha baixada drástica das capturas de lamprea nos últimos anos e un aumento no seu prezo de venda. A escaseza deberíase, segundo persoal investigador da UVigo e pescadores, entre outros motivos, á sobrepesca.
Traballadoras da conserveira Jealsa, en Boiro (Foto: Jealsa).
ECONOMÍA

Luz verde ao Perte da transformación de produtos pesqueiros e acuícolas: estas serán as características das axudas

O plan porá en marcha unha liña de axudas ao sector transformador pesqueiro e acuícola por valor de 40 millóns de euros con cargo ao chamado Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
fandicosta
Agora

Sindicatos, persoal e Xunta abordan o futuro de Fandicosta e o proceso de venda

Os sindicatos UXT, CCOO e CIG e mais os membros do comité de empresa de Fandicosta reúnense esta cuarta feira de novo con representantes da Xunta da Galiza para abordar os avances no proceso de venda da pesqueira galega. Segundo informaron onte fontes sindicais, o encontro decorrerá nas dependencias da Consellaría de Economía, Industria e Innovación en Santiago de Compostela, a partir das 12 horas, polo que prevén que acuda a conselleira, María Jesús Lourenzá. Os sindicatos solicitaron a semana pasada este encontro debido a que nos próximos días rematará o prazo da prórroga do preconcurso de acredores, ademais do actual expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que iniciou Fandicosta a comezos de ano mentres negociaba a venda.
Merce Silva, Joám Evans, Irati García, Liliana Solís e Rogelio Santos. (Foto: Nós Diario).
Mar

Ría Fest, música e reivindicación en defensa da ría de Muros e Noia

A vila de Noia (O Barbanza) acolle un festival benéfico par pór en valor o marisqueo e a pesca tradicional.
Xente do mar do Cantábrico concentrada diante da Confraría de Pescadores de Burela. (Foto:
ECONOMÍA

Mariñeiros do Cantábrico maniféstanse contra a eólica mariña e "a poxa dos nosos caladoiros de pesca"

Ducias de persoas concentráronse diante da Confraría de Pescadores de Burela (A Mariña) para defender a actividade pesqueira da instalación de polígonos de eólica mariña.
Parque eólico mariño fronte á costa de Viana do Castelo, en Portugal. (Foto: ISM)
star
ECONOMÍA

A frota ve inminente a aprobación dos polígonos de eólica mariña: "O oligopolio enerxético ten moito interese en comezar"

A Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños mobilízase hoxe en Burela (A Mariña) contra as “présas” do Goberno estatal e as enerxéticas para instalar polígonos de eólica mariña na costa galega. A Guarda (Baixo Miño), A Coruña ou Cedeira (Ferrolterra) foron xa escenarios da “precaución e salvagarda” que o sector demanda das institucións nesta problemática. O 25 de marzo rematou o prazo de alegacións ao Real Decreto do Ministerio. O sector pesqueiro augura que “non van tardar moito en responder ás alegacións porque o oligopolio enerxético ten moito interese en situar xa muíños no mar”.
Instalación de eólica mariña de Iberdrola en Escocia (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O sector pesqueiro reunirase co Ministerio para valorar o impacto da eólica mariña

Tras a petición da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, o Miteco convocou unha mesa de traballo para vindeiro 17 de abril.
Rita Míguez durante unha xornada de traballo. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Rita Míguez, presidenta das mariscadoras de Arcade: "Non podemos esperar máis pola rexeneración das rías"

A mortaldade do marisco mantivo as mariscadoras de Arcade, en Soutomaior (comarca de Vigo) nunha parada forzada desde novembro. Após meses de espera para regresar aos bancos, atópanse cos atrancos da confraría para volver traballar: négalles a embarcación para supervisar e comezar a rexenerar os fondos.
Mariscadoras apañan ameixa en Cambados (O Salnés). (Foto: Mareguera).
star
Análise

Máis limpo é quen menos ensucia

Rogelio Santos Queiruga é mariñeiro e divulgador.
A deputada nacionalista Rosana Pérez, desde a tribuna do Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
Mar

O BNG denuncia que Altri pode ser "o tiro de graza" para unha ría de Arousa "en continua caída produtiva"

Rosana Pérez lembra que só nos últimos tres anos a ría perdeu 200 mariscadores e mariscadoras, 7% das que había en 2020.
Lampreeiros sosteñen unha rede cabeceira no Miño, nunha imaxe extraída do libro de Eliseo Alonso. (Foto: Cedida).
star
Análise

Pescadores do río Miño

Xavier Simón é doutor en Economía Ecolóxica. Universidade de Vigo. Cispac.
O ‘Mariñeiro 2’, con base en Burela, pescou polbo, nécoras, centolas e santiaguiños durante a campaña do pasado Nadal. (Foto: Carlos castro / Europa Press).
TRABALLO

A veda do polbo estenderase durante os meses de maio e xuño

Xunta e sector contemplan unha veda de catro meses para a campaña de 2025-26, dous dos cales se subvencionarían como paro biolóxico

Os utensilios comisados polo Seprona en Valdoviño. (Foto: Garda Civil)
SOCIAL

Desarticulado un grupo de furtivos mentres pescaban angulas de madrugada nun río de Valdoviño

No intento de fuxida abriron a porta do vehículo en marcha e tiraron as angulas capturadas pola estrada.
Sede de Pescanova, en Vigo. (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Nueva Pescanova aumenta as perdas a 73 millóns en 2023, mais Abanca insiste na súa recuperación

O Dépor tamén eleva as súas perdas até os 4,5 millóns de euros.
O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Ministerio descarta baixar o IVE aos produtos pesqueiros

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, descartou esta sexta feira a petición que volveu trasladar o sector do mar de baixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo. "Pensamos que para potenciar o consumo de peixe o mellor é facelo vía da promoción e da creación de valor, máis que polo IVE cero do peixe", puxo de manifesto o ministro. Pola súa parte, o secretario xeral de Cepesca, Javier Garant, cre que o Goberno español "erra" á hora de non eliminar o IVE dos produtos pesqueiros. "Estamos convencidos de que a eliminación do IVE sería fundamental para cambiar a tendencia do consumo", dixo.
Intervención de Manuel da Cal durante as xornadas organizadas pola AC O Galo. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A economía galega e a loita contra o "rol colonial" do país, a debate en 'Nós Diario'

Este sábado agasallamos o caderno 'Situación e oportunidades da economía galega', que recompila as achegas de doce autores e autoras especializados en diferentes áreas económicas do país nas recentes xornadas organizadas pola Agrupación Cultural O Galo.
Parque de eólica mariña promovido por Acciona. (Foto: Europa Press)
Mar

A Plataforma en Defensa da Pesca alega contra o proxecto da eólica mariña

Sinala á inviabilidade da pesca nas áreas afectadas polos eólicos.