sustentabilidade

Anabel Gulías, Miguel Anxo Fernández Lores e Mario Pansera, esta cuarta feira.
Agora

Pontevedra será o epicentro da economía ecolóxica durante o mes de xuño

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira Anabel Gulías e de Mario Pansera -responsábel da organización dos eventos-, participou esta cuarta feira na presentación da décima International Degrowth Conference [Conferencia Internacional de decrecemento] e da décimo quinta Conference of the European Society for Ecological Economics [Conferencia da Sociedade Europea para a Economía Ecolóxica], nunha dobre cita que terá lugar en xuño na cidade. "O decrecemento asusta un chisco, mais facer unha transición ecolóxica e recoñecer que o crecemento non pode ser infinito e que temos que adaptarnos, ao tempo que podemos ter unha altísima calidade de vida sen esgotar todos os recursos do planeta nin moito menos, é absolutamente razoábel", expresou Fernández Lores.
Colectivos e Goberno municipal asinaron esta cuarta feira o novo pacto (Foto: Cámara de Comercio).
Agora

O Concello de Compostela asina o seu V Pacto Local polo Emprego

O V Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela define 78 metas que o Concello, en primeira instancia, e as asociacións e sindicatos signatarios, comprometéronse esta cuarta feira a levar a cabo de aquí a 2027 cos obxectivos de "contribuír á creación e mantemento de emprego de calidade" e "fomentar o emprendemento sostíbel e inclusivo". Este novo pacto, cuxa primeira edición tivo orixe en 2006, supón "un cambio de paradigma", tal como explicou o concelleiro de Promoción Económica en funcións, Xan Duro. "Pon o foco en cuestións que 20 anos atrás poderiamos considerar secundarias" como a conciliación, a sostibilidade ou a economía verde, exemplificou o edil. Así, este acordo pretende colaborar cos colectivos "máis vulnerábeis" á hora de conseguir e manter un emprego como "as mulleres, a poboación inmigrante e as persoas maiores de 45 anos", tal como indicou o concelleiro a partir dun "diagnóstico da situación actual". O plan estratéxico posúe catro liñas de actuación: apoio ao emprego, desenvolvemento económico e laboral, transición do modelo produtivo e traballo en rede.
Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, e Roberta Metsola, presidenta da Eurocámara (Foto: EC /DPA).
ECONOMÍA

A UE atrasa dous anos a obriga das empresas estranxeiras a presentar informes de sostibilidade

O acordo dará máis tempo ás empresas para adaptarse aos Estándares Europeos de Información de Sostibilidade (ESRS).
Vista do solpor desde o faro de Fisterra. (Nós Diario).
SOCIAL

Atlantic Sunset, o solpor galego ao servizo dun modelo turístico sostíbel

Este proxecto de investigación suma o coñecemento de profesionais da Física e da Xeografía para localizar nos bordes continentais os mellores solpores, desde os que impulsar un desenvolvemento alternativo e sostíbel.
Á esquerda, un dos bolsos da marca Moheva. Á dereita un toldo instalado pola empresa Toldos Gómez (Foto: Toldos Gómez).
SOCIAL

Moheva dálle unha segunda vida aos toldos, converténdoos en moda sostíbel

Toldos Gómez impulsa a creación de bolsos con material reciclado.
Unha mariscadora sostén nas súas mans cría de bivalvos mortos, o pasado 17 de novembro. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
star
Análise

A propósito da sostibilidade e do berberecho de Noia

Ángeles Piñeiro, é profesora do Departamento de Xeografía da USC.
O fomento do consumismo exacerbado constitúe unha das principais prioridades económicas na axenda neoliberal (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Desigualdade, consumo e sostibilidade

Henrique del Bosque Zapata é mestre e licenciado en Dereito.
O coordinador de Carne de Vacún a Pasto, Xan Pouliquen (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Xan Pouliquen: "A Xunta prioriza as axudas ás gandarías intensivas"

O Grupo Operativo Carne de Vacún a Pasto leva máis dun ano investigando a influencia do aproveitamento dos recursos propios nas explotacións gandeiras e a posibilidade de desenvolver prácticas sostíbeis aumentando os beneficios das granxas. 'Nós Diario' conversa co coordinador do grupo, Xan Pouliquen.
O embalse de Belesar (entre as comarcas de Chantada e Lemos),  baixo mínimos, a comezos de agosto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
SOCIAL

A Lei do Clima, entre a "ineficacia" e a "renuncia" ás capacidades da Galiza

O anteproxecto da Xunta recibe emendas e críticas desde diferentes sectores
Turistas pasean pola praia das Catedrais, no concello de Ribadeo (A Mariña). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Turismo oxímoro

Xabier Vázquez Pumariño é biólogo e ornitólogo. Consultor ambiental e activista no movemento ecoloxista
Plantación de millo na Galiza. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Agroecoloxía e prácticas sostibles

Rosa Mosquera é Catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC.
A agricultura sostible chama a normalizar o consumo de produtos locais e ecolóxicos para toda a poboación. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Eleccións, agro e alimentos

Isabel Vilalba é gandeira, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG).
O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Sostibilidade posmoderna

Presentación da iniciativa da Deputación da Coruña 'Os Fogóns do Anllóns' para situalo como destino gastronómico diferenciado (Foto: Deputación da Coruña).
Fitur

Os Fogóns do Anllóns aposta pola gastronomía e a sustentabilidade

A primeira das citas impulsadas pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) centrouse nas posibilidades que ofrece o río Anllóns para turistas que se interesen na gastronomía, o deporte, a ornitoloxía ou o patrimonio material e inmaterial da comarca de Bergantiños. 
2023 ten por diante un gran labor en termos da tripla teoría da sustentabilidade (Foto: Álex Rozados).
Análise

Punto e seguido

Rosa Regueiro, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, debulla para 'Nós Diario' os retos a nivel ambiental para o ano entrante.
Vigo é a cidade galega que máis contamina no Nadal debido ao iluminado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A contaminación e as emisións de CO2 aumentan durante a temporada do Nadal

As Neves propón unha programación sustentábel para estas festas.
A ONU defende o uso da bicicleta como medio de transporte simple, accesíbel, limpo e ambientalmente sostíbel. (Foto: ConBici)
SOCIAL

O transporte por estrada lastra unha mobilidade máis activa, limpa e sostíbel

Desde hoxe máis de 1.700 vilas e cidades europeas, entre elas varias galegas,  conmemoran a Semana da Mobilidade, unha cita que busca reivindicar conexións máis sostíbeis, saudábeis e seguras, pero tamén dar a coñecer as experiencias de quen xa aposta por unha mobilidade alternativa en vilas e cidades, mais en áreas interurbanas.
O chef Iván Iglesias nun 'showcooking', esta sexta feira no Ifevi de Vigo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A sostibilidade, eixo da II Feira Vegana

Durante esta fin de semana decorre en Vigo a segunda edición da feira sostíbel da Galiza, Vegana 2022. Charlas, ioga, 'showcookings', obradoiros, cinema e concertos, así como máis de 200 expositores nos que terán presenza ONG e empresas, protagonizarán o evento que decorre desde onte no recinto feiral Ifevi.
Tubos do paralizado gasoduto Nord Stream 2 almacenados nas instalacións do porto de Mukran, Alemaña. (Foto: Nós Diario)
star
Ecos

Todo era sustentábel até o paro do transporte

Resulta que toda a sustentabilidade dependía en realidade de queimar petróleo ou gas e agora o que está en xogo non é sequera a sustentabilidade das diferentes actividades, senón as actividades en si mesmas. Particularmente preocupante é pensar que a agricultura, a gandaría e a pesca dependen de inxentes cantidades de enerxía.
Fabricación de baterías de litio, un material imprescindíbel para a transición ao eléctrico, pero escaso.
star
Ecos

O debate enerxético, na cabeza ou cola?

Ata o de agora o único que logrou todo o incremento da produción eléctrica con parques eólicos é cubrir apenas o incremento da demanda. Non é pouco, pero deixa como falaz o argumento da redución das emisións de CO2. É dicir, o problema serio está na cola.