Agora
A USC entrega os Premios á calidade lingüística
18/abr./24
O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu esta quinta feira a entrega dos Premios á calidade lingüística dun total de 25 traballos realizados no curso 2022-2023 en galego, un galardón que cumpre 20 anos fomentando unha cultura de calidade e o uso do idioma entre o alumnado. A USC é unha universidade que "traballa pola lingua" propia e "por facer ciencia e coñecemento tendo como referente á Galiza", destacou o reitor Antonio López neste acto.
star
ECONOMÍA
Cal é o valor comercial dunha patente?
16/abr./24
A Universidade de Santiago de Compostela acollerá o 18 de abril, por cuarto ano consecutivo, a 'Xornada sobre patentes IP Perspectives Galiza IV'. Nesta ocasión presentarase unha ferramenta para avaliar o valor comercial das patentes co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado.
SOCIAL
Arranca en Compostela éBici, o programa de préstamo de bicicletas eléctricas
12/abr./24
A iniciativa, dirixida á comunidade universitaria, nace dunha colaboración entre a USC e o Concello de Compostela
Agora
A USC conmemora os 50 anos da Revolución de Abril con historia, literatura e cultura
11/abr./24
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) conmemora os 50 anos da Revolución dos Cravos cunhas xornadas sobre a historia, literatura, cultura e política. Os actos, baixo o título '50 anos do 25 de abril', foron presentados esta quinta feira polo reitor da universidade, Antonio López, e o decano da Facultade de Filoloxía, Elias Feijó. As actividades decorrerán en dúas partes e a primeira delas decorrerá do 23 ao 25 de abril, con palestras a cargo de Isabel Margato, Xosé Fortes Bouzán, Margarita Ledo e Rui Pato. A segunda parte, que versará sobre a historia, decorrerá os días 7 e 8 de maio baixo o lema "O 25 de abril na historia" e contará coa participación de Pedro Pezart Correia, Fernando Rosas, Nieves Lagares e Manuel de Artaza.
Agora
As universidades galegas incorporarán entre 130 e 150 profesoras axudantes doutoras
10/abr./24
As tres universidades públicas galegas incorporarán entre 130 e 150 profesoras e profesores, principalmente axudantes doutores, a raíz do Programa para a Incorporación de Talento Docente impulsado polo Goberno estatal e co apoio da Xunta da Galiza. O reparto entre os tres centros será equitativo, entre 40 e 50 docentes, e está previsto que comecen a exercer a partir do próximo curso, 2024-25, mais aínda quedan por fechar as cifras concretas e o calendario.
CULTURA
Así é Palmed, a base de datos que reúne toda a lírica profana medieval
08/abr./24
A Universidade de Santiago vén de desenvolver unha base de datos que reúne a transcrción de todas as cantigas profanas da lírica medieval galega que se coñecen, unhas 1.700, ademais das distintas versións de cada unha delas. A nova ferramenta, pioneira en todo o mundo, pode axudar á dixitalización doutros textos medievais.
Agora
Unha campaña de escavación arqueolóxica mostra un recinto fortificado
04/abr./24
Froito da colaboración entre o proxecto 'Castelos no aire' de investigación arqueolóxica sobre as fortificacións altomedievais galegas e a comunidade de montes veciñais da Picoña, esta semana comezou unha campaña de escavación arqueolóxica no Alto de San Cibrán, situado na extrema entre as parroquias de Guláns, en Ponteareas (O Condado), e A Picoña, en Salceda de Caselas (comarca de Vigo). Os traballos diríxeos o investigador e arqueólogo do grupo de investigación Síncrisis da USC Mario Pereiro, que explica que o Alto de San Cibrán –lugar de referencia para as dúas parroquias que acolle unha romaría dúas veces ao ano– agocha un recinto fortificado "moi interesante, cunha extensión próxima ás 5 hectáreas e cunhas evidencias construtivas aínda recoñecíbeis".
SOCIAL
Cantos furtivos hai na Galiza? Economistas da USC descobren un método para combater esta práctica
27/mar./24
As especies máis afectadas polo extractivismo furtivo son a ameixa, o berberecho e o percebe, segundo un estudo publicado en Marine Policy
SOCIAL
Por que está a desaparecer a singularidade xenética dos ameneiros galegos?
26/mar./24
Estudos realizados por investigadores da USC en colaboración con colegas doutros centros confirman a orixinalidade xenética dos ameneiros do occidente ibérico ('Alnus lusitanica') respecto aos do resto de Europa ('Alnus glutinosa') e advirten da súa progresiva desaparición, ao tempo que alertan da escasa superficie ocupada por bosques maduros dentro do territorio galego.
star
Análise
A selección adversa na universidade española
20/mar./24
Roberto Bande é profesor titular de Fundamentos da Análise Económica da USC e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.
Saúde
Unzué, sobre a ELA: "Querendo vivir, hai persoas que se senten obrigadas a morrer para non arruinar as súas familias"
19/mar./24
O ex adestrador do Celta reclama desde Santiago máis fondos para pacientes e investigación e di estar esperanzado coa futuríbel Lei ELA: "Non imos deixar esta vez que a metan no caixón".
Ensino
"Fóra a OTAN da Universidade": estudantes da USC rexeitan unha conferencia militarista
18/mar./24
A USC premia cunha viaxe á sede da OTAN.
Agora
Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de verán de lingua e cultura galegas
07/mar./24
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Real Academia Galega (RAG) organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', cuxo prazo de preinscrición fica aberto até o vindeiro 5 de abril. O programa, organizado en distintos niveis, permitiralle ao alumando gozar dunha experiencia de inmersión na lingua e na sociedade galegas.
SOCIAL
Compostela terá 50 novas prazas de aloxamento estudantil
05/mar./24
Comisión entre o Concello e a Universidade
Literatura
Nace un portal web para divulgar conexións entre autores da lírica galego-portuguesa
05/mar./24
A investigadora da USC Déborah González dirixiu o proxecto web que establece a relación entre trobadores e xograres.
Saúde
A taxa de obesidade aumenta nos grupos de idade máis novos
04/mar./24
A prevalencia da doenza duplicouse entre 1987 e 2020.
Agora
O Concello de Compostela asina o seu V Pacto Local polo Emprego
28/feb./24
O V Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela define 78 metas que o Concello, en primeira instancia, e as asociacións e sindicatos signatarios, comprometéronse esta cuarta feira a levar a cabo de aquí a 2027 cos obxectivos de "contribuír á creación e mantemento de emprego de calidade" e "fomentar o emprendemento sostíbel e inclusivo". Este novo pacto, cuxa primeira edición tivo orixe en 2006, supón "un cambio de paradigma", tal como explicou o concelleiro de Promoción Económica en funcións, Xan Duro. "Pon o foco en cuestións que 20 anos atrás poderiamos considerar secundarias" como a conciliación, a sostibilidade ou a economía verde, exemplificou o edil. Así, este acordo pretende colaborar cos colectivos "máis vulnerábeis" á hora de conseguir e manter un emprego como "as mulleres, a poboación inmigrante e as persoas maiores de 45 anos", tal como indicou o concelleiro a partir dun "diagnóstico da situación actual". O plan estratéxico posúe catro liñas de actuación: apoio ao emprego, desenvolvemento económico e laboral, transición do modelo produtivo e traballo en rede.
DEPORTES
O Campionato Galego de Natación Universitaria será na USC
27/feb./24
A proba comeza en Compostela a próxima quinta feira, 29 de febreiro.
SOCIAL
Un ensaio da USC analiza os alicerces da educación na Galiza
23/feb./24
70 expertas trazan desafíos para o futuro